Fernando Trueba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernando Trueba é un director de cine español, (1955 - )
Índice |
[editar] Biografía
Naceu o 18 de xaneiro de 1955 en Madrid e é irmán do guionista, director e produtor David Trueba.
Iniciado como crítico de cine e guionista, deuse a coñecer coa súa primeira película, chamada oportunamente Ópera prima (1980), á que seguirían outras entre as que cabe salientar Sé infiel y no mires con quién (1985) protagonizada por Ana Belén, Carmen Maura e Antonio Resines entre outros.
Dirixiu para televisión a serie La mujer de tu vida, e en 1992 chegaría o gran éxito da súa pelicula Belle Époque, que foi galardoada con 3 premios Goya: mellor película, mellor director e mellor actriz (Ariadna Gil). En 1993 foi galardoada esta mesma co premio á mellor pelicula estranxeira dos oscars dos EE.UU.
Posteriormente rodaría películas coma Two Much (1995) con Antonio Banderas e Melanie Griffith, La niña de tus ojos (1998), con Penélope Cruz, ou El embrujo de Shanghai (2003), onde traballou unha vez máis dirixindo a Ariadna Gil, a muller do seu irmán David.
O seu último traballo como director ata o momento foi o documental El milagro de Candeal (2004), coa participación do músico brasileiro Carlinhos Brown e centrada precisamente no lugar onde naceu este. Ten anunciado un próximo proxecto baixo o título Haunted Heart e previsto para o ano 2009.
Ten unha produtora, Fernando Trueba Producciones Cinematográficas S.A., responsable de varias das súas películas, así como das do seu irmán (como Obra Maestra, 2000 ou Bienvenido a casa, 2006) e doutros proxectos como a serie televisiva de Telecinco Ellas son así, emitida no ano 1999.
É autor do libro Dicionario de cine (1997) e está casado coa produtora Cristina Huete.
[editar] Filmografía
Ano | Película |
---|---|
2004 | El milagro de Candeal |
2002 | El embrujo de Shanghai |
2000 | Calle 54 |
1998 | La niña de tus ojos |
1994 | Two Much |
1992 | Belle Époque |
1989 | El sueño del mono loco |
1986 | El año de las luces |
1985 | Sé infiel y no mires con quién |
1983 | Sal gorda |
1980 | Opera prima |
[editar] Premios
- Tres premios Goya como mellor director:
- 1990 - El sueño del mono loco
- 1993 - Belle Époque
- 1999 - La niña de tus ojos
- Oscar á mellor película estranxeira:
Predecesor: José María Gónzalez Sinde |
Presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 1988 - 1988 |
Sucesor: Antonio Giménez-Rico |
[editar] LIgazóns externas
- Fernando Trueba na Internet Movie Database (en inglés)
- Páxina web de Trueba