See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Fernando III de León e Castela - Wikipedia

Fernando III de León e Castela

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Fernando III de León e Castela, o Santo (Zamora, Agosto de 1201 - Sevilla, 30 de maio de 1252) foi rei de Castela desde 1217, rei de León desde 1230, e Conde de Aumale por casamento desde 1235, até à sua morte.

Uniu definitivamente os reinos de León e Castela e consolidou a Reconquista, deixando por conquistar apenas o reino tributario de Granada. Foi canonizado en 1671, sendo coñecido tamén como San Fernando.

Índice

[editar] Subida ao trono de Castela

Fernando era fillo de Afonso IX e de Berenguela, infanta e raiña de Castela (tamén chamada Berengaria). Naceu no Mosteiro de Valparaíso en Peleas de Arriba (Zamora) en Agosto de 1201. En 1204, o casamento dos seus pais foi anulado polo Papa Inocencio III por motivos de consanguinidade, e Berengaria levou os fillos para a corte de Castela.

Estatua da raiña-nai Berenguela de León e Castela
Estatua da raiña-nai Berenguela de León e Castela

Após a morte do seu tio Henrique I de Castela (1204-1217), con apenas 13 anos de idade, só sobreviviran algunhas irmás de Henrique. Berenguela, que fora rexente do irmán de 1214 a 1217, foi aclamada raiña de Castela somente un mes após a morte deste. Mas logo após ser coroada abdicou en favor do seu fillo varón mais vello, Fernando, entón apenas con 16 anos.

O pai de Fernando, o rei Afonso IX de León, que outrora fora casado con Berenguela e tivera o matrimonio anulado en 1204 debido á consanguinidade, ambicionaba ser rei de Castela por ser neto de Afonso VII de León e Castela. Apoiado pola poderosa familia Lara e outros nobres descontentes, proclamou guerra aberta a Castela.

Berenguela pasou entón a conselleira do rei. Axudou a subxugar os nobres rebeldes e despois combinou o casamento, celebrado en 1219, de Fernando con unha esposa digna do xoven monarca, e de unha familia politicamente útil. A escollida foi Isabel de Hohenstaufen, coñecida en Castela como Beatriz da Suabia (1202-1235), filla de Irene Anxelina de Constantinopla e de Filipe, duque da Suabia, rei da Xermania e rei dos Romanos, neta do imperador xermánico Frederico Barbaruiva.

Despois de vencer os nobres rebeldes, o conflito com León acabou por ser resolvido con unhas treguas tratadas polo rei Afonso IX e a sua antiga esposa.

[editar] Unión persoal de León e Castela

Armas unidas de Castela e León, usadas pola primeira vez por Fernando III
Armas unidas de Castela e León, usadas pola primeira vez por Fernando III

En 1230, o monarca de León faleceu. Tiña desherdado Fernando e, no seu testamento, legado o reino ás infantas Sancha e Dulce, fillas do seu primeiro casamento con a sua prima Teresa, infanta de Portugal.

Fernando e a raiña-nai ambicionaban obter a coroa de León e voltar unir os dous reinos, separados en 1157 con a morte de Afonso VII de León e Castela. Para tal, reunironse na cidade portuguesa de Valença as dúas mulleres de Afonso IX de León, Teresa de Portugal e Berenguela, con as infantas Sancha e Dulce, para selaren un acordo.

Sancha e Dulce renunciaron á coroa de León, en troca de unha renda de 30 mil maravedis e outros privilexios. Polo Tratado das Tercerias, a unión persoal das dúas coroas foi restaurada definitivamente na persoa do rei Fernando III, o Santo, e na dos seus sucesores, pasando Castela a deter a hexemonia na Hispania.

Con a morte de Beatriz da Suabia en 1235, Fernando casou pola segunda vez en 1237 con Xoana d'Aumale, condesa de Ponthieu (1210-1279), filla de Maria de Belleme, señora de Ponthieu, e de Simón Dammartin, conde d'Aumale.

[editar] Reconquista e santidade

Fernando recuperou o esforzo castelán de reconquista. Tomou grande parte de Al-Andalus, excepto os reinos de Granada e Niebla. Desde 1219, combinaba as accións diplomáticas con intervencións bélicas e aproveitaba as discordias existentes entre as taifas para submeter os pequenos reinos ao seu poder.

As suas maiores conquistas terán sido Baeza (1227), Úbeda (1233), Córdoba (1236), Murcia (1241), Xaén (1246) e Sevilla (1248). En 1244, polo Tratado de Almizra, repartiu as novas terras conquistadas entre as ordes militares, o clero e a nobreza, o que deu lugar mais tarde á formación dos latifundios da rexión.

Depois da tomada de Córdoba, o Santo ordenou a adopción do Liber Iudiciorum (Direito Visigótico) pelos seus cidadáns, e mandou traducilo, mesmo que con alguns erros, para castellano. Tamén axudou a desenvolver a Universidade de Salamanca e fundou a actual Catedral de Burgos.

Mapa político da Península Ibérica en 1360. As fronteiras de León e Castela (a vermello) e do reino mouro de Granada (a castaño) son basicamente as estabelecidas por Fernando III.
Mapa político da Península Ibérica en 1360. As fronteiras de León e Castela (a vermello) e do reino mouro de Granada (a castaño) son basicamente as estabelecidas por Fernando III.

Foi un patrono das novas ordes de frades, que diferian dos monxes por teren un maior envolvemento co mundo secular, en detrimento do isolamento dos últimos en mosteiros. Encanto que os Beneditinos, Cistercences e Clunicenses xa participaran activamente da Reconquista cristá, Fernando III introduciu os Dominicanos, Franciscanos, Trinitarianos e Mercedarios na Andalucia.

Apesar de ter determinado así o futuro da relixión na rexión, tería encoraxado a convivencia dos seus súbditos de diferentes fes, que tería a sua expresión máxima na capital cultural de Toledo.

No entanto, importa contextualizar esta convivencia no seu local e época. Non se trataba de un convivio intercultural á luz da moral dos dias de hoxe. Habia discriminación racial e relixiosa. Unha curiosa expresión naceu durante este período: tomar las de Villadiego en español (en galego ou portuguésdar às de Vila Diogo), que significa fuxir. A explicación desta expresión non é unha verdade histórica indiscutíbel, mas reflecte un pouco do pensamento e do preconcepto anti-semita da época.

A tradición conta que Fernando III concedeu o dereito de os xudeus de Villadiego non seren perseguidos. Habia, no entanto, unha contrapartida: tiñan que usar calzas (os cristiáns usaban calzóns) para garantiren os seus privilexios. Os xudeus de Burgos ou de Toledo non tiñan tais privilexios e, logo que perseguidos, abandonaban todo o que tiñan e fuxian para Villadiego (por aportuguesamento, Vila Diogo). Nesta localidade, eranlles oferecidas calzas para escaparen aos perseguidores, mas con un prezo: eran forzados a pagar un tributo aos xudeus locais.

Fernando faleceu en Sevilla a 30 de Maio de 1252, con 51 anos. Estaba na compaña dos seus fillos tidos con Beatriz (excepto Berengaria e Sancho), dos tres fillos do seu segundo casamento e ainda da sua segunda esposa, Xoana d'Aumalle.

O seu corpo foi sepultado na catedral da cidade (antiga Grande Mesquita), e o seu túmulo foi inscrito en catro linguas diferentes: castelán, latín, árabe e hebraico. O seu corazón foi enterrado no Monte Calvario de Xerusalén, pola sua forte devoción a Cristo.

San Fernando foi o primeiro rei español a ser canonizado, en 1671 polo Papa Clemente X. É o padroeiro de varios locais do antigo imperio colonial español, e de Sevilla, onde sua efixie está incluída tanto no escudo da cidade e da provincia, como do Sevilla Fútbol Club.

[editar] Descendencia

Do primeiro casamento con Beatriz da Suabia, ea 1219, naceron:

Do segundo casamento con Xoana d'Aumale, en 1237, naceron:

Capa de unha edición do Liber Iudiciorum de 1600
Capa de unha edición do Liber Iudiciorum de 1600
  • Fernando (1239-1269), señor de Aumale, casouse con Laura de Monfort, señora de Esperon
  • Leonor (1240), consorte de Eduardo I de Inglaterra
  • Luís (1243-1269), señor de Marchena, casouse con Xoana de Manzedo, señora de Gaton
  • Ximena (1244), morreu xoven
  • Xoán (1245), morreu xoven


Reino de Castela

Segue a:
Berenguela
Fernando III de León e Castela
Precede a:
Afonso X
Borgoña
Reino de León

Segue a:
Afonso IX
Fernando III de León e Castela
Precede a:
Afonso X
Borgoña


[editar] Bibliografia

[editar] Véxase tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -