Félix de Azara
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Félix Manuel de Azara y Perea (18 de maio de 1742 - 20 de outubro de 1821[1], foi un militar, naturalista e enxeñeiro español.
Índice |
[editar] Biografía
Azara naceu en Barbuñales, no entón reino de Aragón. Ingresou na carreira militar no corpo de artilleiros, primeiro, e logo no de enxeñeiros. Distinguíuse en varias expedición, e alcanzou o grao de xeneral de brigada.
Foi enviado a América do Sur en 1781, nunha expedición encargada de solventar o conflicto dos límites entre as colonias de España e Portugal. Permaneceu alí até 1801. Antes de deixar Sudamérica, enviou a seu irmán, José Nicolás de Azara (entón embaixador de España en París), anotacións e observacións sobre zooloxía, que Moreau de Saint-Méry publicou en París no ano 1801, sob o título de "Ensaio sobre a historia natural dos cuadrúpedos do Paraguai"; en 1802 apareceron en Madrid con o título en castelán de "Apuntamientos para la Historia natural de los cuadrúpedos del Paraguay y Río de la Plata". Á volta de América redactou "Viaxe na América meridional desde 1781 até 1801", publicado en 1809.
En 1805, retirouse para a súa localidade natal, Barbuñales, desde onde escrebeu numerosos informes, e onde faleceu en 1821.
[editar] Homaxes
Certo número de animais levan na súa honra o seu apelido: Aotus azarae (mico nocturno de Azara), Dasyprocta azarae (agutía de Azara),Akodon azarae (rato das herbas de Azara) ou o Synallaxis azarae. O Dorsum Azara da Lúa débelle tamén o seu nome.
Charles Darwin tiña en grande estima a obra de Azara (a pesar de que el non fose un naturalista profesional) e en varias das súas obras cítao como autoridade.
[editar] Notas
- ↑ Dictionary of Scientific Biography, vol. 1. New York, Charles Scribner's Sons, 1970, páxs. 351-352, iSBN 0684101149}}