Félix Rodríguez de la Fuente
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Félix Samuel Rodríguez de la Fuente foi un etólogo, divulgador ambientalista e sobretodo un amante da natureza que naceu na provincia de Burgos, no lugar de Poza de la Sal, o 14 de marzo de 1928.
Félix medrou percorrendo os campos próximos a súa casa en contacto ca natureza o que fixo que nacera nel unha sensación de proximidade cara a vida, tanto animal como vexetal. Asimilou as relacións existentes entre tódolos integrantes do ecosistema.
Non comezou a súa escolarización ata 1938, polo que as súas incursións na natureza foron continuas durante toda a súa nenez. En Valladolid estudiou Medicina, aínda que as súas salidas ó campo para observar a natureza seguían sendo moi habituais. Os falcóns que tanto chamaban a súa atención foron a causa da súa paixón pola cetrería.
Tódalas salidas que facía e a influencia que sobre el tivo o biólogo José Antonio Valverde, (un dos creadores do Parque de Doñana) forxarían nel ese gran amante da natureza.
En 1965 Félix aparece no programa Fin de Semana de Televisión Española cos seus falcóns, chamando a atención do público que insistía en velo novamente. Isto faría que tivera pequenas aparicións en televisión.
O seu primeiro documental Señores del Espacio (realizado grazas ó rei Saud de Arabia e varios aristócratas) tivo o suficiente éxito como para que lle permitira estudiar en profundidade o comportamento dos lobos, chegando a convivir cunha manada, na que se erixiu como líder.
Participou en varios programas de radio e televisión, entre os que destaca "Planeta Azul". Viaxou por África e percorreu, entre outros paises, Tanzania e Kenia onde fixo cinco episodios da serie A toda plana; os seus primeiros traballos para Televisión Española.
Colaborou na fundación da Asociación para la Defensa de la Naturaleza (ADENA), a delegación española do Fondo Mundial para a Vida Salvaxe (W.W.F.) e foi membro do Consello Superior de Investigaciónes Científicas (CSIC).
Foi o coordinador dos equipos que elaboraron e publicaron as coleccións de libros tituladas: Fauna, Los cuadernos de Campo e Fauna Ibérica. Co título desta última tamén realizou un programa televisivo.
En 1974 iniciou o proxecto máis ambicioso: El hombre y la tierra nas suas tres series: venezolana, ibérica y canadense. Precisamente estaba rodando un episodio da "Serie canadense" e mentres filmaba unha carreira de cans de zorra na National Eskimo Dog Race Contest en Shaktoolik (Alaska) a avioneta na que ía estrelouse. Era o 15 de marzo de 1980. [1]