CSIC
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Consello Superior de Investigacións Científicas (Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC) é un organismo público autónomo estruturador da Ciencia e Tecnoloxía españolas. Pertenece ó Ministerio de Educación e Ciencia. O seu logotipo é a Árbore da Sabiduría.
Índice |
[editar] Orixe
Foi fundado no ano 1939. Naceu en sustitución da Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas que fora fundada no ano 1907 no seno da Institución Libre de Enseñanza (ILE). O que comezaba a ser unha das institucións científicas máis importantes en europa, que contaba con colaboracións de científicos mundiais do máis alto nivel como Charles Darwin, Henri Bergson e León Tolstoi foi reestruturado polo goberno franquista co nome de CSIC. A antiga Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (a partires do 1937 CSIC) converteuse nun centro cun baixo peso na investigación europea e formado por científicos dun nivel medio mediocre, pois a meirande parte deles tiveron que marchar ao exilio, principalmente a México. Dá idea do tipo de cambios introducidos polo franquismo o feito de que os homes fortes desta nova institución foran, por unha banda o seu presidente, o ministro de Educación José Ibañez Martín e por outra o primeiro fiel do Opus Dei, o avogado José María Albareda.
[editar] Funcionamento
Ríxese pola Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica (Lei 13/1986 de 14 de abril). Os obxectivos e funcións actuais do CSIC, en orde coa citada Lei e co seu regulamento (R.D. 140/1993 de 29 de xaneiro), so:
- Realizar proxectos de investigación científica e tecnolóxica.
- Asesorar ás administracións en materia científica.
- Fomentar a ciencia
- Colaborar coas CCAA nas súas propias actividades de investigación.
- Colaborar coas universidades nas súas propias actividades de investigación.
- Formación de investigadores e técnicos científicos.
- Colaborar co Plan Nacional de I+D.
[editar] Delegación en Galicia
Da Delegación en Galicia do CSIC dependen o Instituto Galego de Estudos Galegos "Padre Sarmiento", o Instituto de Investigacións Mariñas, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e a Misión Biolóxica de Galicia.