See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Esquerda Unida - Izquierda Unida - Wikipedia

Esquerda Unida - Izquierda Unida

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esquerda Unida
Partido político Esquerda Unida
Ano fundación 1986
Ideoloxía Esquerda, Comunismo, Eurocomunismo, Republicanismo, Federalismo, Ecoloxismo, Populismo, Galeguismo
Ideoloxía respecto a Europa Europeísta
Membro de PEE(Partido da Esquerda Europeo) IU (Izquierda Unida)
Ámbito Galiza
Sede nacional Dublín, 8 baixo drta, Santiago de Compostela
Líderes Yolanda Díaz, Juan Fajardo
Web do partido www.esquerdaunida.org

Esquerda Unida é unha forza política, constitúe a federación galega de Izquierda Unida. Conta con 14 concelleiros repartidos por Galiza (Viveiro, Ferrol, Mugardos, Vilagarcía, O Grove ...). Nas eleccións xerais de 2004 tivo 31.908 votos (1'74%).

Formada no ano 1986, á calor das movilizacións contra a OTAN, como coalición electoral formada polo PCG, PASOC, IR, PCPG e independentes. Transfórmase no ano 1989 en movemento político e social. O seu primeiro Coordenador Xeral foi Anxo Guerreiro.

No ano 1995 prodúcese a incorporación de Esquerda Galega, antigo PSG-EG con quenes formaran coalición nas eleccións Xerais e autonómicas de 1993. Nese ano, acada os seus mellores resultados electorais nas eleccións municipais, cabendo subliñar a obtención de tres concelleiros nas cidades de Lugo e Ferrol.

En 1997 unha parte da organización encabezada polo Coordinador Xeral, Anxo Guerreiro (apoiado dende Madrid polo PDNI), contra a decisión adoptada na conferencia nacional, decide coaligarse co PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas. Un grupo da organización encabezados polo concelleiro lugués Carlos Dafonte e o Secretario Xeral do PCG Manuel Peña-Rey celebran unha asemblea na que deciden manter a relación con IU federal e concorrer ás eleccións autonómicas como Izquierda Unida (a xunta electoral impidiu o uso do nome Esquerda Unida), elexindo a Manuel Peña-Rey coma Coordinador Xeral.

Posteriormente, o grupo que decidiú participar có PSdeG-PSOE, transformariase en Esquerda de Galicia e os tribunais concederianlle á federación galega de IU o uso do nome Esquerda Unida.

Hoxendía, Esquerda de Galicia xa non existe e estase a producir a reintegración de moitos membros de dita organización en EU-IU.

Na Asamblea Nacional de 2000 foi elexido Coordinador Xeral Carlos Dafonte, Secretario Xeral do PCG, que demitiú no ano 2001.

Na Asemblea Nacional da organización no 2003, foi elixida coordinadora nacional de EU-IU a concelleira en Mugardos Pilar Díaz, que logo dun ano presentou a sua dimisión, forzada pola falta de apoio de quen a acompañaron na súa candidatura.

Tralo cal, fíxose cargo da organización unha comisión xestora, encargada de levar a organización a unha nova asemblea de coxuntura que tivo lugar no 2005 e no que foi elixida coordinadora nacional a concelleiro ferrolana Yolanda Díaz.

Nas eleicións autonómicas do 2005 a candidatura encabezada por Yolanda Díaz, acadou uns 12.000 votos (0.8%), consolidándose como 4 forza política de Galiza.

Nas eleccións municipais do 2007, obtivo 14 concelleiros, con grandes subas en Ferrol e Vilagarcía. En Ferrol formou goberno có PSOE, porén en Vilagarcía non tiveron éxito as negociacións con PSOE e BNG, así que deixando a estes dous partidos nun goberno en minoría, Esquerda Unida decidiu quedar na oposición.

[editar] Coordinadores Xerais

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -