Esquerda Galega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.
Fundouse en decembro de 1980 ao se refundar o Partido Obreiro Galego, integrando á maioría dos militantes do autodisolto Partido dos Traballadores de Galicia e a militantes procedentes do BNPG, Partido Socialista Galego, Partido Comunista de Galicia e Movemento Comunista de Galicia
Durante o intento de golpe de estado do 23-F EG fixo un chamamento para que todos os concelleiros e alcades permaneceran nos concellos para impedir o triunfo do golpe. Celebrou o seu I Congreso en marzo de 1981, no que acepta o marco constitucional e autonómico para a consecución da autodeterminación de Galicia.
Nas eleccións autonómicas de 1981 obtén 33.497 votos (3'32%) e un escano para o seu líder, Camilo Nogueira, que conseguiu gran protagonismo na súa actuación no Parlamento de Galicia, aínda que o partido sofre un forte revés nas eleccións xerais de 1982 con só 22.310 votos (1'72%).
En 1984 fusionase co Partido Socialista Galego formando o PSG-EG.