See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Parlamento de Galicia - Wikipedia

Parlamento de Galicia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Parlamento de Galicia
Tipo Parlamento autonómico
Presidente Dolores Villarino, PSdeG-PSOE
desde 2005
Membros 75
Grupos representados PP, PSdeG-PSOE y BNG
Últimas eleccións 19 de xuño de 2005
Sede Pazo do Hórreo, rúa do Hórreo (Santiago de Compostela)
Páxina web www.parlamentodegalicia.es

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Actualmente está formado por 75 deputados que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos.

Índice

[editar] Funcións

  • exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma,
  • controlar a acción executiva da Xunta,
  • aprobar os seus orzamentos,
  • designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega,
  • escoller de entre os seus membros ao presidente da Xunta de Galicia,
  • esixirlles responsabilidade á Xunta de Galicia e ao seu presidente,
  • solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei
  • presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei,
  • interpoñer recursos de inconstitucionalidade
  • presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.

O Parlamento representa ao pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma da que derivan tódalas outras, e é inviolábel.

[editar] Sede

A sede do Parlamento de Galicia está situada na cidade de Santiago de Compostela, na actualidade na rúa do Hórreo, mais a primeira sede estivo no Pazo de Fonseca

O salón de sesións é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados e deputadas ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial.

O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira fila de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.

No Parlamento de Galicia hai dous períodos de sesións, un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro de febreiro a xuño. Durante estes períodos, o Parlamento pódese reunir en sesións ordinarias que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.

Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de se cumpriren determinados requisitos.

O presidente do Parlamento é quen fixa a orde do día dos plenos, de acordo coa Mesa e a Xunta de Portavoces e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das comisións vén determinada pola respectiva Mesa, consonte o calendario establecido pola Mesa do Parlamento.

[editar] Composición

O Parlamento galego está formado por 75 deputados. Despois das eleccións do 19 de xuño de 2005 quedou composto da seguinte maneira:

  • Partido Popular de Galicia (PPdeG): 37 deputados.
  • Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE): 25 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 13 deputados.

Mesa do Parlamento:

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns Externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -