Elbaíta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Elbaíta | |
---|---|
Elbaíta (variedade verdelita e rubelita) en crecemento tabular | |
Fórmula química: | Na(Li,Al)3Al6(BO3)3Si6O18(OH,F)4 |
Clase: | Silicatos |
Subclase: | Ciclosilicatos |
Sistema cristalino: | Hexagonal |
Cor: | Branca, verde, vermella e azul |
Brillo: | De vítreo a resinoso |
Dureza: | 7-7,5 |
Fractura: | Concoidea ou irregular |
Exfoliación: | Moi imperfecta |
Raia: | Branca |
Densidade: | 3-3,25 g/cm3 |
A elbaíta é un mineral da clase dos silicatos e que forma parte da serie isomorfa da turmalina cuxa fórmula química é Na(Li,Al)3Al6(BO3)3Si6O18(OH,F)4 (contén 32-38% de SiO2, 20-40% de Al2O3 e 20% de H2O). É resistente á acción dos ácidos.
Índice |
[editar] Aspecto
A elbaíta cristaliza en forma de cristais prismáticos tabulares ou aciculares. Tamén aparece de forma radiada e masiva.
[editar] Variedades da elbaíta
Segundo a súa cor pódese diferenciar dentro deste mineral diferentes variedades:
- Acroíta, de cor branca.
- Indigolita, de cor azul.
- Rubelita, de cor rosa ou vermella.
- Verdelita, de cor verde.
[editar] Lugares onde se atopa
Pódese atopar en granitos e gneises e, especialmente, nos filóns do tipo pegmatítico. Trátase dun mineral hidrotermal de altas temperaturas, procedente de fluídos profundos que escaparon ó final do proceso de cristalización.
Podemos atopar rubelita en Valdemierque (Salamanca) e indigolita en Laxe (A Coruña).
[editar] Usos da elbaíta
Polas súas propiedades piezoeléctricas a elbaíta utilízase para a fabricación de calibradores de presión.
É moi apreciada no coleccionismo e no mundo da xoiería.
[editar] Outros silicatos
Outros silicatos importantes son:
A olivina, o feldespato, o cuarzo e as micas.
[editar] Véxase tamén
- Turmalina
- Isomorfismo