El intermedio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
El Intermedio é un programa de televisión de La Sexta presentado por El Gran Wyoming que se estreou o 30 de marzo de 2006. Está producido por Globomedia.
Trátase dun espazo de actualidade en clave de humor que comezou sendo semanal de dúas horas de duración e máis tarde pasou a emitirse de luns a xoves durante arredor de 30 minutos diarios.
El Intermedio inclúe monólogos do presentador, unha entrevista cun personaxe coñecido e a intervención das colaboradoras Beatriz Montañez (encargada de realizar entrevistas e reportaxes en exteriores), Cristina Peña (que dá conta das noticias internacionais, Thais Villas (que entrevista xente na rúa), Yolanda Ramos (que fai un repaso polas críticas televisivas), e Usun Yoon (que tamén entrevista xente na rúa).
Entre a longa lista dos invitados que recibiu o programa dende a súa estrea están os galegos Pepe Domingo Castaño, Paula Vázquez e Cristina Saavedra entre outros.
Tamén estiveron políticos como Carme Chacón, Gaspar Llamazares, Pedro Zerolo, Josep Antoni Duran i Lleida ou José Antonio Labordeta; actores como Elena Ballesteros, Fernando Tejero, Hugo Silva, Michelle Genner, José Coronado, Ariadna Gil, Leonor Watling, Antonio Resines, Malena Alterio ou Belén Rueda; xornalistas como Hilario Pino, Helena Resano ou Mamen Mendizábal e músicos como Pasión Vega, Malú, Alaska e Antonio Carmona.