Carme Chacón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carme Chacón | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Carme Chacón Piqueras | ||
Data de nacemento: | 13 de marzo de 1971 | ||
Lugar de nacemento: | Esplugas de Llobregat, Barcelona, Cataluña | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Partido político: | Partit dels Socialistes de Catalunya | ||
Cargo(s): | Deputada no Congreso dos Deputados Ministra de Defensa (dende 2008) |
||
Profesión: | Profesora de Dereito Constitucional |
Carme Chacón Piqueras (Esplugas de Llobregat, Barcelona, España, 13 de marzo de 1971) é unha política española, militante do PSC e membro da executiva do PSOE. Na actualidade é ministra de Defensa.
É licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona. Realizou estudos de postgrado no Osgoode Hall Law School (Toronto, Canadá), a Universidade de Kingston e a Université Laval Universidad de Montreal . É ademais Profesora de Dereito Constitucional e Secretaria de Educación, Cultura e Investigación da Comisión Executiva Federal do PSOE.
É deputada desde a VII Lexislatura aberta en 2000 e ocupou a vicepresidencia do Congreso dos Deputados (cámara baixa do Parlamento español) ó iniciarse a oitava en 2004 ata que o 9 de xullo de 2007 foi nomeada Ministra de Vivenda, en substitución de María Antonia Trujillo. No goberno de Zapatero na segunda lexislatura abandonou a carteira de Vivenda e pasou a ocupar a carteira de Defensa, de xeito que foi a primeira muller en facelo na historia de España.
Predecesor: María Antonia Trujillo |
Ministra de Vivenda 2007 - 2008 |
Sucesor: Beatriz Corredor |
Predecesor: José Antonio Alonso |
Ministra de Defensa 2008 - actualidade |
Sucesor: no cargo |