See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Eduardo Galeano - Wikipedia

Eduardo Galeano

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Eduardo Hughes Galeano (nado en Montevideo o 3 de setembro de 1940) é un xornalista e escritor uruguaio, unha das personalidades máis destacadas da literatura iberoamericana.

Os seus libros foron traducidos a varios idiomas. Os seus traballos transcenden xéneros ortodoxos, combinando documental, ficción, xornalismo, análise política e historia. Galeano nega ser un historiador: "Soy un escritor que quisiera contribuir al rescate de la memoria secuestrada de toda América, pero sobre todo de América Latina, tierra despreciada y entrañable". Clasifícase como un xornalista que estudia a globalización e os seus efectos negativos.

Naceu no seno dunha familia católica de clase media con ancestros galeses, alemáns, españois e italianos.

Durante a súa adolescencia transitou por diversos traballos: foi mecánico de coches, recaudador, pintor de carteis, mensaxeiro, mecanógrafo e caixeiro. Con 14 años vendeu a súa primeira caricatura política a El Sol, o semanario do Partido Socialista.

Comezou a súa carreira como xornalista a principios dos anos 60 como editor de Marcha (1960-64), un semanario que, baixo a dirección de Carlos Quijano, exerceu forte influencia no pensamento uruguaio da época, e que contou con contribucións de autores como Mario Vargas Llosa, Mario Benedetti, Manuel Maldonado Denis ou Roberto Fernández Retamar. Durante dous anos editou o diario Época e traballou como editor xefe na prensa universitaria.

En 1973 o golpe militar tomou o poder e, debido ó seu involucramento con correntes marxistas (MLN-T), Galeano foi capturado e logo forzado a escapar. Estableceuse en Arxentina, onde fundou a revista cultural Crisis.

En 1976, cando o réxime de Jorge Rafael Videla tomou o poder en Arxentina mediante un golpe militar que deu orixe a unha ditadura, o seu nome foi agregado á lista de condenados polos escuadróns da morte, razón pola que se viu obrigado a fuxir novamente, esta vez a España, onde escribiu a súa famosa triloxía Memoria del fuego.

Reside desde 1985 -tras finalizar a ditadura uruguaia- no seu Montevideo natal, onde segue facendo a súa literatura e o seu xornalismo de marcado tinte político.

Índice

[editar] Obras

Las venas abiertas de América Latina (1971) é a súa obra máis coñecida, un acta de acusación da explotación de Latinoamérica por poderes estranxeiros a partir do século XV. A súa extensa bibliografía e minuciosa investigación permitiu ó autor plasmar crudamente a problemática sociolóxica, económica e política de América Latina.

Memoria del fuego, obra ampliamente aclamada pola crítica, é un relato da historia de América dividido en tres tomos. Os seus personaxes son figuras históricas, xenerais, artistas, revolucionarios, obreiros, conquistadores e conquistados, que son presentados en episodios breves que reflexan á súa vez a historia colonial do continente. Comeza cos mitos de creación pre-colombinos e culmina na década de 1980.

Foi galardonado co Premio Casa de las Américas en dúas ocasións: en 1975 pola novela La canción de nosotros, e en 1978 por Días y noches de amor y de guerra, de xénero testimonial.

Galeano foi comparado con John Dos Passos e Gabriel García Márquez.

[editar] Na cultura popular

  • A banda venezolana de punk crust "Los Dólares" publicou en 2003 un álbum que é unha interpretación musical do libro Las venas abiertas de América Latina.
  • A banda arxentina de rock/ska Los Fabulosos Cadillacs ten un álbum titulado "Rey Azúcar", que é o título dun dos capítulos de Las venas abiertas..., libro que tamén dá nome a unha das cancións.
  • No 2004 a banda mallorquina La Gran Orquesta Republicana publicou o disco Abrazos", no que inclúen textos de Eduardo Galeano, como "La noche", "El miedo global" ou "La pequeña muerte".
  • A banda arxentina Shaila inclúe un anaco de Las venas abiertas... no tema "Sudamérica II - El Fracaso Regional", do seu disco Camino a Idilia. Non é a primeira vez que Shaila se identifica con Galeano, xa que tamén se alude a el nos temas "Utopía", do disco El Engaño, e en "La historia somnolienta de América Latina", do disco Mañanas.
  • No 2008 Gerardo Pablo, un trovador contemporáneo mexicano, lanzou o disco Los Numerosos Nadies, baseado nos textos de Galeano, usando algúns deles directamente sobre as súas cancións, como a que dá título ó álbum, "Los numerosos nadies" que inclúe o texto "Los nadies" do Libro de los Abrazos.
  • O grupo uruguaio Cuarteto de Nos fai unha referencia despectiva de Las venas abiertas de América Latina en "No somos Latinos", canción do disco Cortamambo.

[editar] Publicacións

  • Los días siguientes (1963)
  • China (1964)
  • Guatemala (1967)
  • Reportajes (1967)
  • Los fantasmas del día del léon y otros relatos (1967)
  • Su majestad el fútbol (1968)
  • ¡Manos arriba!
  • Las venas abiertas de América Latina (1971)
  • Siete imágenes de Bolivia (1971)
  • Violencía y enajenación (1971)
  • Crónicas latinoamericanas (1972)
  • Vagamundo (1973)
  • La canción de nosotros (1975)
  • Conversaciones con Raimón (1977)
  • Días y noches de amor y de guerra (1978)
  • La piedra arde (1980)
  • Voces de nuestro tiempo (1981)
  • Memoria del fuego (1982-1986)
  • Aventuras de los jóvenes dioses (1984)
  • Ventana sobre Sandino (1985)
  • Contraseña (1985)
  • La encrucijada de la biodiversidad colombaina (1986)
  • El descubrimiento de América que todavía no fue y otros escritos (1986)
  • El tigre azul y otros artículos (1988)
  • Entrevistas y artículos (1962-1987) (1988)
  • El libro de los abrazos (1989)
  • Nosotros decimos no (1989)
  • América Latina para entenderte mejor (1990)
  • Palabras: antología personal (1990)
  • Ser como ellos y otros artículos (1992)
  • Amares (1993)
  • Las palabras andantes (1993)
  • úselo y tírelo (1994)
  • El fútbol a sol y sombra (1995)
  • Patas arriba: Escuela del mundo al revés (1998)
  • Bocas del Tiempo (2004)
  • Carta ao señor futuro (2007)
  • Espejos. Una historia casi universal (2008)

[editar] Enlaces externos

Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -