See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Edicto de Milán - Wikipedia

Edicto de Milán

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Busto de Constantino I, un dos impulsores do edicto polo que se declara a liberdade de culto.
Busto de Constantino I, un dos impulsores do edicto polo que se declara a liberdade de culto.

O Edicto de Milán (coñecido tamén como A tolerancia do cristianismo) foi promulgado en Milán no ano 313. Estableceu a liberdade de relixión no Imperio Romano, dando fin ás persecucións dirixidas polas autoridades contra certos grupos relixiosos, particularmente os cristianos. O edicto foi asinado por Constantino I e Licinio, dirixentes respectivamente dos imperios romanos de Occidente e Oriente.

No momento da promulgación do edicto existían no Imperio cerca de 1.500 sés episcopais, e entre 5 e 7 millóns de habitantes dos 50 que compuñan o imperio profesaban o cristianismo[1]. Logo da aprobación iniciouse a Paz da Igrexa, como é coñecida polos historiadores cristianos.

Índice

[editar] Historia

[editar] Antecedentes

Anteriormente, no ano 311, o emperador Galerio emitira na cidade un edicto coñecido como o Edicto de Tolerancia de Nicomedia. Nel concedíase indulxencia ós cristianos, recoñecéndose a súa existencia legal e a liberdade para celebrar reunións e construír templos para o seu Deus, polo que a persecución dos mesmos finalizaría.

"Habendo recibido esta indulxencia, eles orarán ó seu Deus pola nosa seguridade, pola da República, e pola propia, que a república continúe intacta, e para que eles poidan vivir tranquilamente nos seus fogares."(Emperador Galerio)

[editar] Desarrollo

Nun intento por reintegrar o imperio romano baixo unha soa autoridade, Licinio armouse contra Constantino. Como parte do seu esforzo para gañarse a lealdade do exército, Licinio exentou ó exército e ós funcionarios públicos da práctica da política de tolerancia que impuña o edicto, permitíndolles continuar a persecución de cristianos. Como consecuencia desta orde, algúns cristianos perderon as súas propiedades e mesmo a vida. Desde entón sobrevive a lenda que cuenta que 40 cristianos en Sevaste, ó negarse a ofrendar viño óss deuses paganos, foron torturados e encarcerados. Ó rexeitar aínda participar no rito, foron obrigados a manterse de pé núos sobre o xeo do inverno ata a conxelación. Uns cantos cederon e aceptaron renunciar ó cristianismo con tal de acompañar ós soldados nas fogatas, á vez que un número semellante de soldados decidiron confesar a súa ata entón segreda devoción ó cristianismo, uníndose a aqueles no xeo. Conta a tradición que descenderon do ceo anxos que colocaron coroas nas cabezas dos mártires.

No ano 324 reanúdase a guerra entre ambos imperios. Constantino logra vencer o 3 de xullo dese ano ó exército de Licinio na batalla de Adrianópole cercándoo dentro das murallas de Bizancio. Por outro lado, mercede á victoria que consegue o primoxénito de Constantino, Flavio Xulio Crispo, sobre a flota de Licinio, obriga a este a retirarse a Bitinia, onde perde o seu último posto o 18 de setembro durante a batalla de Crisópole. Constantino entón logra o poder absoluto sobre o imperio, e ordea que Licinio sexa internado en Tesalónica, onde intenta alzarse en armas e é executado por traición.

[editar] Características

O edicto ou constitución imperial foi aprobado entre outra serie de medidas tomadas en conxunto polos emperadores romanos de oriente e occidente en xuño de 313. No mesmo establecíase o seguinte:

"Habendo advertido hai xa moito tempo que non debe ser cohibida a liberdade de relixión, senón que ha de permitirse ó arbitrio e liberdade de cada cal se exercite nas cousas divinas conforme ó parecer da súa alma, sancionamos que, tanto tódolos demais, canto os cristianos, conserven a fe e observancia da súa secta e relixión... "...que ós cristianos e a tódolos demais se conceda libre faculdade de seguir a relixión que a ben teñan; a fin de que quenqueira que fose o numen divino e celestial poida ser propicio a nós e a tódolos que viven baixo o noso imperio. Así, pois, promulgamos con saudable e rectísimo criterio esta nosa vontade, para que a ningún se negue en absoluto a licencia de seguir ou elexir a observancia e relixión cristiana. Antes ben sexa lícito a cada un dedicar a súa alma a aquela relixión que estimare convenirlle". —Copias das constitucións imperiais de Constantino e Licinio, traducidas do latín ó grego

[editar] Consecuencias

O edicto de Milán non só significou o recoñecemento oficial dos cristianos, senón que trouxo como consecuencia profundos cambios dentro do Imperio Romano, así como o comezo da expansión da Igrexa Católica. O exercicio do edicto devolveu ós cristianos ós seus antigos lugares de reunión e culto, así como outras propiedades que foran confiscadas polas autoridades romanas e vendidas a particulares: as propiedades haberán de ser devoltas ós cristianos sen esixir pago ou recompensa de ningún tipo, e sen admitir ningún tipo de fraude ou engano. Isto brindoulle ó cristianismo (e a calquera outra relixión) un estatus de lexitimidade xunto co paganismo, e en efecto, depuxo ó paganismo como a relixión oficial do imperio romano e dos seus exércitos.

Todavía non se recuperaron rexistros en pedra do edicto. As citas que se coñecen proveñen dos capítulos 35 e 48 do documento histórico De mortibus persecutorum (latín: Sobre a morte dos perseguidores), escrito polo sacerdote católico Lactancio.

[editar] Referencias

  1. Juan de Isasa, Historia de la Iglesia 1. Colección Flash, Editorial Acento. Madrid, 1998. (citado en Historia Antigua.doc)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -