See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Dorotea Bárcena - Wikipedia

Dorotea Bárcena

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Adoración Sánchez Bárcena (Oviedo, 1944). A pesares de ser asturiana de nacemento, podemos considerala unha das grandes actrices e directoras teatrais galegas.

Índice

[editar] Biografía

Diplomada en Maxisterio, Dorotea abandona moi pronto as funcións docentes no Colexio dos Pais Xesuitas de Vigo, para dedicarse de pleno ao teatro, participando en 1970 na creación, con Xulio Lago, do grupo Esperpento Teatro Xove, un dos grupos máis activos do incipiente teatro independente galego. Neste grupo dirixe os espectáculos As bicicletas (1972, sobre un texto de Antonio Martínez Ballesteros), Historias do Zoo (1973, sobre un texto de Edward Albee) e A Orxía (1973, sobre un texto de Enrique Buenaventura), e participa como actriz noutras propostas como Os opositores , O vendedor de peixe ou O home que se convirtiu en can , a partir de textos de Antonio Martínez Ballesteros, Miguel Cobaleda e Oswaldo Dragún, con dirección de Xulio Lago.

Participa ao mesmo tempo na dirección e coordenación das Xornadas de Teatro que Esperpento Teatro Xove organiza en Vigo e que supón a presentación na cidade de compañías como Els Joglars, Els Comediants, Ditirambo, José Luis Gómez, Aquelarre, Esperpento (de Sevilla), TEI de Madrid, Gangarilla, Caterva, A-71, Plutja, La Picota, Teatro de la Ribera, Cizalla, Teatro del Mar, Teatro del Mediodía ou PTV.

En 1985 participa como actriz no primeiro espectáculo de Teatro do Atlántico, Xoana , creado a partires dun texto de Manuel Lourenzo con dirección do propio Xulio Lago. Colabora na dramaturxia e como axudante de dirección do primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego, Woyzeck , dirixido por Xulio Lago a partir do texto homónimo de Georg Büchner, estrenado en 1984, e en 1988 dirixe Follas Novas, unha dramaturxia propia a partir do poemario homónimo de Rosalía de Castro. Durante 1988 é directora do Centro Dramático Galego. Posteriormente realiza traballos co Centro Dramático Nacional, participando no espectáculo Martes de carnaval a partires da coñecida obra de Ramón María del Valle-Inclán e dirixido por Mario Gas en 1995; con A Factoría Teatro en A casa de América (1998, sobre un texto de Edward Thomas co dirección de Cristina Domínguez) e co Centro Dramático Galego en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999, sobre un texto de Daniel Cortezón, con dirección de Roberto Vidal Bolaño).

En 1987 funda a compañía: Teatro da Lúa, na que desenvolveu traballos como dramaturga, actriz e directora de escena. Os seus traballos están marcados pola inmediatez da posta en escena, pero tamén pola necesidade de crear historias desde a perspectiva da muller e de contalas utilizando outro punto de vista. A muller, pois non podería ser doutro xeito nun mundo dominado polos homes, aparece como a gran perdedora e como a gran esquecida, como unha boneca rota polos avatares da vida, como un botín de guerra co que agasallar a furia asasina do vencedor ou como un xoguete que se esquece terminado o xogo e xa ninguén quere. Hai que destacar ademáis as súas múltiples colaboracións e traballos en cine e televisión e os diversos premios recibidos ao longo da súa xa dilatada traxectoria profesional.

[editar] Obra

[editar] Teatro

  • Agasallo de sombras (co CDG)
  • Mulliéribus (con Teatro da Lúa)
  • Sigrid era só unha moneca rota (con Teatro da Lúa)
  • Cabaret Alén (con Teatro da Lúa)
  • A irmandade do Graal (con Teatro da Lúa)
  • Celestina (Fantasía para xoguetes) (con Teatro da Lúa)
  • Entre bastidores (con Teatro da Lúa)
  • As Troianas (con Teatro da Lúa)
  • Últimamente non durmo nada (con Teatro da Lúa)
  • A longa agonía das centolas (con Teatro da Lúa)
  • Con flores a María (con Teatro da Lúa)
  • Medea (para a Olimpiada Cultural de Barcelona 92)
  • Martes de Carnaval (co Centro Dramático Nacional)
  • Casa de América (Con A Factoría Teatro)

[editar] Dirección teatral

  • Las bicicletas
  • La orgía
  • Historia del zoo
  • Follas Novas
  • Cabaret Alén
  • A Irmandade do Graal
  • Celestina (Fantasía para xoguetes)
  • Entre bastidores
  • Con flores a María

[editar] Cine e Televisión

  • Divinas palabras (Cine, 1987)
  • El pianista (1999, como Ramona Baquero)
  • Os outros feireantes (Serie da TVG)
  • Martes de carnaval (1991, TVE)
  • La mujer de tu vida (TVE)
  • El baile de las ánimas (1993, como Dorotea)
  • Pepa y Pepe (1995, TVE)
  • ¿Quién da la vez? ( 1995, Antena3 TV)
  • Don Juan Tenorio (TVE)
  • Dame algo (Cine, 1997 como Madre Superiora)
  • Una extraña mirada (1998, como cantineira)
  • Menudo es mi padre (Antena3 TV)
  • Nada es para siempre (Antena3 TV)
  • Ilegal (2002, Sra Rosario)
  • Periodistas (Tele 5)
  • Lentura (2004 como Avoa/Amparo)
  • Ernesto en 10 minutos (2005)
  • Maridos e mulleres (2006, TVG, como Gloria)
  • O show dos Tonechos (desde o 2005, para a TVG, como Amadora)
  • Os mortos van ás presas (2006, como Maruxa - Producción fallida que actualmente está buscando novos financiamentos)

[editar] Premios e mencións

  • Premio AGAPI á Mellor Interpretación Femenina por El baile de las ánimas.
  • Premio da Crítica de Galicia no apartado de Iniciativas Culturais.
  • Finalista como mellor autor teatral en galego dos Premios MAX das Artes escénicas pola obra As mulleres do provir (2004).
  • Premio de Honra dos María Casares - 2006.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -