See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Domingo de Andrade - Wikipedia

Domingo de Andrade

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Torre da Berenguela ou do Reloxo da Catedral de Santiago
Torre da Berenguela ou do Reloxo da Catedral de Santiago

Domingo Antonio de Andrade (Cee, 1639 - Santiago de Compostela, 1712) foi un arquitecto galego de proxección universal.

Estudou na facultade de Artes da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1669 era Aparellador Maior da catedral e en 1676 foi nomeado Mestre de Obras da Catedral. Home de gran cultura, sabemos dél que sabía versificar en latín.

[editar] Arquitecto insigne

Moi cedo, no ano 1676 abraiaría a Galicia coa súa primeira construción significativa, se cadra a súa obra mestra: a torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela: sobre un corpo medieval no que abreu unha elegante xanela, alzou tres máis ata unha altura de 72 metros. O primeiro corpo de forma cúbica ten catro templetes nos ángulos e unha balaustrada. O segundo é octogonal con arcos de medio punto e tamén balaustrada. O terceiro colócase sobre un tambor circular e está ornamentado con oito volutas. No cume loce unha lanterna circular e remata nun pináculo rematado nunha bola que sostenta unha cruz. A monumentalidade e a solidez en plena harmonía co conxunto catedralicio fan desta realización unha obra barroca de prestixio internacional.

No ano 1700, realizou o Pórtico Real da Quintana buscando unha compatibilidade perfectamente acadada coa torre do reloxo e sen que a profusa ornamentación desentoe do conxunto, antes ben o realza. Na catedral tamén realizou a actual Capela do Pilar, deseñada por él para o seu uso como sancristía.

Son súas a sala capitular e a sancristía da Catedral de Lugo. Nesta última obsérvanse as súas características sartas de froitas, así como o emprego do arco de medio punto. Na mesma cidade interveu no convento de dominicanas de Santa María a Nova.

Volvendo a Santiago, traballou no convento de San Domingos de Bonaval, onde novamente aparecen as sartas de froitas no claustro e onde a contención da fachada trócase en virtuoso alarde na famosa escaleira de caracol.

Como Mestre de Obras municipal hai que salientar a Casa da Parra e a Casa da Conga (a súa obra póstuma ironicamente situada moi perto da que foi a primeira a Torre do Reloxo), na praza da Quintana, así como a Casa das Pomas na Rúa Nova e a casa da praza de Feixóo, onde destacana as escaleiras do interior.

Interveu, así mesmo, na Obra Pía de Santo Antonio, en Melide.

Tamén realizou diversas obras na Catedral de Ourense, concretamente a Capela do Santo Cristo e a sancristía.

[editar] Outras actividades

Deben mencionarse as súas obras en madeira, dado que foi tamén un entallador e imaxineiro brillante: retablos como o da igrexa da orde terceira no conxunto franciscano de Santiago, o da igrexa do convento das clarisas o relicario do convento de San Paio de Antealtares e o desaparecido baldaquino do mosteiro de Oseira falan da súa habilidade nesta faceta menos coñecida

Escribiu a obra Excelencias, antigüedad y nobleza de la Arquitectura en 1695, onde da testemuño do seu saber e na que defende a dignidade profesional e científica da arquitectura.

Brillou como organizador de grandes festas públicas con fogos de artificio (conmemoración da visita da raíña María de Neoburg) e fixo tamén unha laboura de enxeñeiro que saneou o urbanismo compostelán

[editar] Ligazon

Enciclopedia GER

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -