See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
David Cal Figueroa - Wikipedia

David Cal Figueroa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Medallas olímpicas
Ouro C-1000 Atenas 2004
Prata C-500 Atenas 2004

David Cal Figueroa (nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño, O Hío, (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e dobre medallista olímpico.

Índice

[editar] Formación

Aos 8 anos iniciouse no mundo do piragüismo, competindo durante os veráns no clube local, onde coñeceu a Xesús Morlán, o seu adestrador actual.

[editar] Características

David Cal ten unha estatura media (1,83) e unha gran fortaleza (91 kgs), e pode erguer ata 160 quilos. É psicoloxicamente moi resistente, calado e coñecido pola súa timidez.

As especialidades de David Cal son o C1-500 metros e o C1-1000 metros.

[editar] Traxectoria

David Cal é unha das máximas figuras mundiais do deporte do piragüismo. Ademais, é o único galego medallista olímpico de ouro nun deporte individual, e o único deportista galego que conseguiu dúas medallas olímpicas, un ouro e unha prata, nos mesmos xogos, neste caso os de Atenas 2004.

Con iúnior, con só 18 anos, Cal foi bronce no campionato mundial do seu tempo desputado en Zagreb en [1999]]. Xa daquela competía en C1. Ao ano seguinte proclamouse campión europeo iúnior en Boulogne (Francia) na categoría curta dos C1-500 así como a medalla de bronce na proba longa do C1-1000. Ademais, acudiu como reserva, pero sen participar, aos Xogos de Sydney dese 2000. En 2002, xa como sub-23, Cal conseguiu o bronce nos europeos de Zagreb sobre os 500 metros.

A súa primeira medalla internacional na categoría absoluta conseguiuna en 2003, nos mundiais de Gainesville, onde obtivo a prata nos 1000m.

[editar] Atenas 2004

Nos Xogos de Atenas Cal gañou a primeira serie dos 1000 metros cun tempo de 3'50"091, e cualificouse directamente para as finais. Na final, superou a todos os seus rivais, e en especial o favorito alemán Andreas Dittmer dende o comezo ata o final da proba. Ademais conseguiu o record do mundo na distancia, cun tempo de 3'46"201, 0.52 seconds por diante de Dittmer.

na proba curta dos 500 metros, Cal tamén gañou a clasificación directa para a final impoñéndose na primeira serie, cun tempo de 1'48"397. Pero na final Dittmer rematou con 0'34 segundos por diante de Cal, que foi prata.

[editar] Cara a Beixín 2008

Nos mundiais de 2005, en Zagreb, Cal conseguiu a prata na proba longa do quilómetro (3'58"421), por detrás de Dittmer., mentres que na proba curta dos 500m non podía pasar da sétima praza, cun tempo de 1'50"361. Nesta proba o ouro tamén foi para Andreas Dittmer.

Nos europeos de 2006, en Račice, República Checa, obtivo a sexta e a quinta praza nas finais de 1000 e 500 metros, respectivamente.

Nos mundiais de 2007, en Duisburgo (Alemaña), obtivo o ouro en 500 metros e o bronce en 1000 m, co que obtivo a clasificación directa para a desputa dos Xogos Olímpicos nas dúas especialidades.


Predecesor:
Maxim Opalev
Campión do mundo de piragüismo
C1 500m

2007 en Duisburgo
Sucesor:
-

[editar] Principais clasificacións

Campionato Proba Posición Data Título Tempo
Campionato do mundo, (Duisburgo, Alemaña) C1-500 1 12 de agosto de 2007 Ouro 1'47"187
Campionato do mundo, (Duisburgo, Alemaña) C1-1000 3 11 de agosto de 2007 Bronce 4'11"057
Campionato do mundo, (Zagreb, Croacia) C1-1000 2 27 de agosto de 2005 Subcampión 3'58"421
Xogos Olímpicos, (Atenas) C1-1000 1 27 de agosto de 2004 Ouro 3'46"201
Xogos Olímpicos, (Atenas) C1-500 2 28 de agosto de 2004 Prata 1'46"723
Campionato de Europa, (Poznań, Polonia) C1-1000 2 2004 Subcampión
Campionato do mundo, (Gainesville, Estados Unidos) C1-1000 2 2003 Subcampión

[editar] Outros galardóns

  • Medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo.
  • Medalla de Galicia, na categoría de prata, en 2005.
  • Abandeirado do equipo olímpico español na cerimonia de clausura dos Xogos de Atenas 2004.
  • Premio Percebe de Ouro
  • Vieira de Prata ao Mellor Deportista do Ano
  • Comendador da Orde do Cocido.

[editar] Ligazón externa


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -