Curling
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O curling é un deporte de precisión similar ós birlos ingleses ou á petanca, que se practica nunha pista de xeo, loitando entre sí dous equipos de catro participantes cada un. O obxectivo é lanzar 8 pedras de granito cun peso de 20 Kgs. sobre a deslizante superficie a través dun pasillo de 45,5 metros de lonxitude e 4,32 metros de anchura. E unha vez realizados tódolos lanzamentos, puntúase en función da cercanía destas pedras á diana marcada ao final do pasillo. Practícase sobre todo en Canadá e no norte de Europa.
Crese que o curling inventouse en Escocia no século XVI, debido a algunhas pinturas que reflexan persoas xogando a este deporte. De todas formas, o curling foi moi popular en Escocia entre os séculos XVI e XIX, cando o clima era suficientemente frío coma para que se formase un bo xeo no inverno, e en consecuencia, a sede do organismo internacional que controla o curling, a Federación Mundial de Curling, atópase en Perth, Escocia.
Na actualidade o deporte xógase sobre todo en Canadá. O "Royal Montreal Curling Club", o primeiro clube deportivo de curling establecido en Norteamérica, fundouse no 1807. O primeiro club en Estados Unidos creouse no 1832, e o xogo entrou en Suíza e Suecia antes da entrada do século XX. Hoxe en día, o curling xógase en toda Europa, e foi exportado a países coma Xapón, Australia, Nova Celandia e incluso, China e Corea.
O curling é deporte olímpico de inverno dende 1998.