Colesterol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O colesterol é un esterol (lípido) que se encontra nos tecidos corporais e no plasma sanguíneo dos vertebrados. Presentase en altas concentracións no fígado, médula espiñal, páncreas e cerebro. O nome de «colesterol» procede do grego kole (bilis) e stereos (sólido), por identificarse por primeira vez nos cálculos da vesícula biliar por Michel Eugène Chevreul quen lle deu o nome de «colesterina».
[editar] Fontes de colesterol
Os organismos mamíferos obteñen colesterol a través de 2 vías:
1. Vía exóxena ou absorción de colesterol contido nos alimentos. O colesterol encóntrase exclusivamente nos alimentos de orixe animal, maioritariamente a xema de ovo, fígado, lácteos, cerebro (sesos) e músculo esquelético (carnes vermellas).
2. Vía endóxena ou síntese de novo, é a síntese de colesterol nas células animais a partir do seu precursor, o acetato, na súa forma activada acetil-coenzima A.