Colección Didáctica, Metodoloxía e Materiais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Didáctica, Metodoloxía e Materiais foi unha colección de libros editados pola DXPL da entón Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Dedicada a calquera tipo de materiais que puidesen axudar a impartir clases en galego, dende estudos literarios e guias de comentarios de texto a modelos lingüísticos de conxugación verbal, foi un fito na normalización terminolóxica galega debido a que os seus libros máis centrados en labores lexicográficos foron moi innovadores en temática, calidade e cantidade. Uns exemplos disto son os seguintes títulos:
- Paulino Novo Folgueira (1988) Vocabulario dos deportes ISBN 84-453-0002-4
- Antonio Puentes Chao & Alexandre Rodríguez Guerra & Francisco Xabier Varela Barreiro (1991) Vocabulario de tabernas, bares e cafeterías ISBN 84-453-0242-6
- Antonio Puentes Chao & Alexandre Rodríguez Guerra & Francisco Xabier Varela Barreiro (1991) Vocabulario de restaurantes ISBN 84-453-0243-4
- Antonio Novo Salgado (1991) Vocabulario de cócteles ISBN 84-453-0244-2
- Ricardo Fernández Sabín (1991) Vocabulario da electricidade e electrónica ISBN 84-453-0262-9
- Andrés Sanjuán López (1991) Vocabulario das ciencias naturais ISBN 84-453-0262-0 (ou este ou o anterior está mal segundo a normalización do ISBN)
- Xosé María Fandiño Martínez & Carlos Ferrás Sexto & Francisco Xabier Méndez Martínez & María Pilar Tobar Quintanar (1993) Diccionario galego de xeografía ISBN 84-453-0643-X
- Ánxeles Carballo Martínez & Benxamín Dosil López (1993) Diccionario galego de banca ISBN 84-453-0945-5