Club Atlético dos Castros
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Imaxe:Club Atlético dos Castros shield.jpg | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome completo | Club Atlético dos Castros | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcume(s) | Os Castros | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Fundación | 1946 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome do estadio | Sen estadio propio | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Inauguración | - | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Capacidade | - | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente | José Ángel Abelleira Campo | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Adestrador | Andrés Calvo | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Terceira Autonómica Galega | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Temp. 2006-07 | 5º | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Marca da camiseta | Adidas | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Publicidade da camiseta | - | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web oficial | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Club Atlético dos Castros é un club de fútbol galego do barrio dos Castros da cidade da Coruña. Fundouse en 1946 e chegou a ter dúas seccións activas, unha de fútbol e outra de hóckey, ainda que a sección de hóckey xa non existe. A camisola tradicional do club é branca cunha franxa azul diagonal coma a da bandeira de Galiza, levando a franxa no sentido oposto ao da bandera nalgunhas épocas. Actualmente a elástica do club leva dita franxa no sentido oposto. No deseño da camisola deste club inspirouse a elástica da Selección Galega de fútbol modesto, pero a Federación Galega de Fútbol finalmente decidiu no usala coma vestimenta da selección contemporánea [1]. Tamén hai que destacar que varios socios deste club representan ao equipo en campionatos de Mus nos cales obtiveron grandes resultados a nivel local.
Índice |
[editar] Historia
O Atlético Dos Castros fundouse en 1946 co nome de Club Atlético Los Castros despois dunha serie de reunións mantidas no Bodegón Os Castros. O impulsor do club foi don Francisco Novo Lápida. Nesta época a maioría de partidos xóganse no recheo de San Diego. Na temporada 1948-49 o equipo consegue o ascenso á Primeira División da Coruña. Nesa mesma temporada acordase transformas o nome de Club Atlético en Sociedad, baixo a denominación de Círculo Cultural y Deportivo de Los Castros, nome que mantívose ata 1954, data na que debido a certas circunstancias a Federación Galega obriga a desaparecer a cinco equipos da capital, entre eles este club.
En 1956 crease unha comisión xestora baixo a presidencia de Gonzalo Rey Precedo, que cambia o nome do club polo actual. Ao ano seguinte créase a categoría de xuvenís. É unha época especialmente importante a que vai dende 1959 ata 1964, xa que o club milita entre os grandes da capital, mención especial para a temporada 1959-60 na que estebleceu un récord no fútbol modesto coruñés ao quedar invicto nunha liga a dobre volta. O equipo quedou campión e impúxose na Copa Liceo ao vencer ao Santa Margarita, campión da Primeira División.
O día 21 de maio de 1961 o Atlético Dos Castros durante un partido xogado no antigo campo de entreno do estadio de Riazor os xogadores negáronse a seguir disputando o encontro. Debido ao mal arbitraxe os xogadores sentáronse no campo e non se moveron do seu sitio, o que provocou unha forte goleada e unha sanción de perda de puntos. A raiz deste incidente a temporada foi histórica, xa que na segunda volta o equipo gañou a maioría dos partidos, chegando a disputar e gañar a promoción de ascenso fronte ao Sin Querer S.D.
Na temporada 1963-64 crease a categoría de infantís. Na temporada seguinte preside o club José López González e o entrena Tito Sanguiñedo. O 12 de outubro de 1965 foi un día histórico para o equipo ao derrotar por dous goles a un ao Deportivo da Coruña, nun partido disputado no campo de entreno de Riazor.
A partires do ano 1966 practícanse outros deportes, como o hóckey, tanto na modalidade de herba, como na de sala, logrando o título de Campeón Galego de Hóckey Herba en 1968, xogando a final fronte ao Saeta, e obtendo a vitoria nos lanzamentos de penal tras un empate a ceros durante o partido.
A principios dos anos 70, o equipo de xuvenís gaña o campionato da Segunda División perdendo un único partido e obtendo o ascenso, os infantís logran o tercer posto no Campeonato Provincial e nace a sección de alevíns. No ano 1974 ocorre un feito histórico para o club, pois o equipo termina campión de Segunda División, co que logra o retorno a Primeira, e conquista novamente a Copa Liceo ao vencer ao Club Deportivo Ciudad. En 1977 gañase o campionato de prexuvenís (actual categoría de cadetes) derrotando ao Deportivo por 1-0.
O equipo de afeccionados descende a Segunda División. 0 11 de xuño de 1978 no Campo da Zapateira o equipo volve a Primeira División tras gañar por 5-3 un partido que perdía 2-3 xusto dez minutos antes do límite reglamentario. Victor Esparza, Rilo e Miguel Esparza deronlle a volta ó marcador, o que provocou moita alegría e celebracións por todo o barrio dos Castros.
Na temporada 1980-81, tras eliminar ó Montañeros, Suevos e Miño, o club remata semifinalista da Copa da Coruña, perdendo 4-1 fronte ó Ordes no encontro de volta, a pesares de gañar o primeiro partido da eliminatoria por 1-0.
Na temporada seguinte o club retorna a Segunda División, pero ao ano seguinte volve a ascender tras un empate a ceros fronte ó Batallador na última xornada que dáballe os puntos necesarios para ascender, aínda que posteriormente perdería a categoría. Entre os anos 1986 e 1989 o club únese á Sociedade Cultural e Recreativa Dos Castros, baixo a presidencia de Ricardo Piera que dirixe as duas entidades, o que provoca unha grande actividade cultural, social e festiva.
Dende os primeiros anos da súa creación ata a actualidade, o Atlético Dos Castros sempre mostrou un especial coidado pola canteira e moitos dos xogadores formados na entidade remataron xogando en categoría nacional. Exemplos que poden citarse son Manolo Loureda e Chapela II, que xogaron no Deportivo da Coruña, entre outros como Julio Otero, Morado, Valerio, Miguel Rivas, Firi, Ferreño, Villamor, Tomás, Nito, San Miguel I, San Miguel II, Benigno, Joaquín, Meilán, Joloso, Javier Máquina, Julio Anta, Carrasco ou Neche.
En 1990, ao mando de Tito Sanguiñedo, o equipo volve a ascender a Primeira División. Esa mesma temporada, no Campo de Elviña, despois de 29 anos vólvense a enfrentar o Atlético Dos Castros e o seu eterno rival, o Galicia Gaiteira, gañando o Atlético por 1-0, tras converter un penal José Carlos.
En 1992 o club decide abandonar a competición de fútbol local para formar parate da competición a nivel nacional. O club comeza a disputar dende entón competicións nacionais, quedando encadrado na Terceira Autonómica Galega organizada pola Federación Galega de Fútbol.
Na temporada 93-94 o club queda campeón da Terceira Autonómica, pero non logra o ascenso na liguilla. Na temporada 96-97 o club volve a quedar campeón da Terceira Autonómica e este ano finalmente consegue o ascenso á Segunda Autonómica Galega. Posteriormente o club retornaría á Terceira Autonómica. Actualmente o club pasa por un proceso de reestruturación deportiva e organizativa.
Hoxe en día, o Atlético dos Castros benefíciase do convenio co fútbol modesto que firmou a Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) e o Real Club Deportivo da Coruña, segundo o cal o Deportivo entrega pases gratis aos seus partidos e subvencións aos equipos modestos a cambio de ter preferencia á hora de incorporar xogadores destos equipos.
O 31 de xullo de 2007 a xunta directiva do club cambia o nome a Club Atlético Dos Castros, denominación correcta en galego segundo a normalización lingüística.
Para rematar hai que reseñar a labor impagable que realizou Arturo Varela Canosa nas últimas décadas, exemplo vivo de amor por uns colores, así como a do recentemente desaparecido Ricardo Gude, cuxo traballo no club foi sempre importantísimo.
[editar] Uniforme
- Uniforme titular: Camisola branca cunha franxa diagonal azul dende a esquina superior esquerda ata a esquina inferior dereita, pantalón branco y medias brancas.
[editar] Escudo
O escudo do club fórmano unha peza branca dividida pola metade por unha liña diagonal azul como a da bandeira galega e a da camisola do club. Nesta liña diagonal pódense ler as siglas C.A.C. que significan Club Atlético Castros. Na parte superior a dita banda azul hai un balón de fútbol reglamentario dos anos 50, e na inferior está a Torre de Hércules, faro romano símbolo da cidade da Coruña.
[editar] Palmarés
[editar] Fútbol
- Terceira Autonómica Galega (2): 1993-94, 1996-97
- Segunda División da Coruña (2): 1959-60, 1973-74
- Copa Liceo (2): 1960, 1974
- Semifinalista da Copa da Coruña: 1980-81
[editar] Categorías inferiores
[editar] Hóckey
- Campionato Galego de Hóckey Herba (1): 1968
[editar] Mus
[editar] Cadro actual
[editar] Datos do club
- Socios: 339
- Presidente: José Ángel Abelleira Campo
- Vicepresidente: Andrés V. Calvo Piñeiro
- Tesoreiro: Gonzalo Lojo Pérez
- Secretario: Manuel G. Rodriguez Riveiro
- Vocais: J. Marío Novoa Vega, Javier Fernández Lamas, Manuel Rodríguez Teijeiro, y otros