Cheién (pobo)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cheién |
---|
Poboación total |
6590 |
Rexións con poboación significativa |
Estados Unidos (Oklahoma, Montana) |
Linguas |
cheién e inglés |
Relixións |
Cristianismo, outras |
Os cheién son unha nación de nativos norteamericanos que habitan as Grandes Chairas dos Estados Unidos. A nación cheién está composta por duas tribos, os Sotaeo'o (sen unha tradución clara) e os Tsitsistas. O nome Cheién deriva dunha palabra en lingua Sioux que significa 'Pequeno Cree'.
Antes de ser internados en reservas, os Cheién eran aliados dos Arapahoe e os Lakota (Sioux). A nación cheién comprendía dez bandas que se estendían por tódalas grandes pradeiras, dende o sur de Colorado ás Black Hills en Dakota do Sur. Cara a mediados do século XVIII as bandas comezaron a separarse, algunhas permaneceron preto das Black Hills, mentres que outras permaneceron cerca dos Platte Rivers do centro de Colorado.
Na actualidade, os cheién do norte viven ó sueste de Montana nunha reserva propia. Os cheién do sur, xunto cos Arapahoe do sur, viven no centro de Oklahoma. A súa poboación total combinada é duns 20.000.
[editar] Xefes famosos
- Lobo Pequeno
- Estrela da mañá
[editar] Idioma
Tanto os Cheién de Montana como os de Oklahoma falan o idioma cheién, cunhas poucas diferenzas no vocabulario entre as dúas comunidades. O idioma cheién forma parte da familia de linguas algonquinas, e é un dos poucos idiomas algonquinos das pradeiras que desenvolveu características tonais. Os idiomas mais próximos ó cheién son o arapahoe e o ojibwa (Chippewa).