Castelo de Edimburgo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Castelo de Edimburgo é unha antiga fortaleza situada no cumio do Castle Rock que domina as alturas da cidade de Edimburgo, o castelo constitúe o monumento máis visitado de Escocia. As primeiras construcións do castelo datan do século IX a.C, pese a isto poucas das estruturas actuais do castelo datan do século XVI. Como tódolos castelos, o castelo de Edimburgo foi un centro de actividade militar. Hoxe en día o castelo constitúe a única fortaleza dentro de Reino Unido cunha guarnición militar, aínda que só a emprega para cerimonias. O castelo tamén é a sé do Royal Regiment of Scotland e alberga o museo reximental da Scots real e Royal Scots Dragoon Guards. O gobernador militar do castelo é Euan Buchanan Loudon, comandante xeneral da segunda infantería da segunda división da Armada británica. O ministerio británico de defensa, levou a cabo a administración do castelo ata 1923, cando a armada mudou cara os Redford Barracks da cidade. Pese a isto o castelo segue a ter unha forte conexión coa armada inglesa.
Na actualidade o castelo está nas mans da Historic Scotland. Historic Scotland é unha axencia pertencente ó executivo escocés que trata de levar a cabo a explotación sostíbel do castelo, conservandoo e convertíndoo nun atractivo turístico da cidade.