Cagliari
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cagliari (en sardo Castèddu, en catalán Càller) é un concello italiano de perto de 160.000 habitantes (478.000 a área urbana), capital da provincia homónima e da rexión da Sardeña.
[editar] Xeografía
A cidade de Cagliari está situada na zona meridional da Sardeña. Encóntrase no medio do Golfo dos Anxo (en italiano Golfo degli Angeli), e se expande entorno á Sella del Diavolo, tendo ao leste os montes de Sette Fratelli, ao oeste os montes de Capoterra e ao norte a chaira de Campidano. Ten en común con Roma, Lisboa e Istambul o feito de estaren construídas sobre sete outeiros.