Boris Ieltsin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Boris Nicoláievitch Ieltsin (Борис Николаевич Ельцин) nado o 1 de febreiro de 1931 en Sverdlovsk (actualmente Ekaterinburgo), e falecido o 23 de abril de 2007, foi o primeiro presidente de Rusia en 1991, trala fin da Unión Soviética, e o primeiro elixido democraticamente na historia de Rusia.
Ieltsin dirixiu o país ata 1999, liderando a transición do comunismo ó capitalismo. Os anos nos que Ieltsin gobernou marcáronse por grandes transformacións económicas e políticas en Rusia e nos outros países que constituían a ex-Unión Soviética, ademais dos conflitos separatistas en Chechenia.