Barbitúricos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os barbitúricos son drogas que actúan como sedantes do sistema nervioso central e producen un amplo esquema de efectos, dende sedación suave ata anestesia. Algúns pódense usar como anticonvulsionantes.
Pertencen a dúas grandes familias: os derivados do ácido barbiturico como o seconal; e as Benzodiazepinas, entre as que se atopa o valium.Os barbituricos poden presentarse baixo a forma de pastillas, pílulas, supositorios ou baixo forma líquida (ampolas).
[editar] Historia
Descuberto en 1863, o acido barbiturico é utilizado na medicina desde 1903 polas suas propiedades sedativas no tratamento da epilepsia e dos trastornos do sono.
[editar] Efectos
En doses baixas producen efectos moi parecidos os dos ansiolíticos. En doses elevadas presentanse síntomas moi similares os da intoxicación con alcol ademais de potenciar a euforia e a exitación que produce esta substancia. Con doses maiores pódese provocar perda de consciencia, entrar en coma e posteriormente a morte provocada por paro respiratorio. Producen sensación de relaxacion e de tranquilidade, problemas motores e atranco para falar. Poden causar depresión cerebral. Dependendo da súa dose a formulación presenta un efecto sedante (tranquilizante), hipnótico (inductor do sono) e anticonvulsivo. Síndrome de abstinencia, crise convulsiva trala interrupción e en tratamento prolongado apatía. Están contraindicados no primeiro trimestre de embarazo xa que pode provocar malformacións.
[editar] Consumo
Os barbituricos poden comprarse de maneira completamente lícita, con ou sin prescrición médica, segundo o país. En España ou Francia, os barbituricos estan clasificados como substancias psicotrópicas e son vendidas en farmacias baixo preescripción médica.
Barbitúricos | |
---|---|
Allobarbital | Amobarbital | Aprobarbital | Alphenal | Barbexaclone | Barbital | Butabarbital | Butalbital | Butobarbital | Butallylonal | Cyclobarbital | Cyclopal | Ethallobarbital | Hexethal | Heptabarbital | Hexobarbital | Mephobarbital | Metharbital | Methohexital | Methylphenobarbital | Pentobarbital | Probarbital | Proxibarbital | Propallylonal | Reposal | Secobarbital | Talbutal | Thialbarbital | Thiamylal | Thiobarbital | Thiobutabarbital | Thiopental | Vinbarbital | Vinylbital |