Bacallau
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bacallau | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Gadus morhua Gadus macrocephalus Gadus ogac |
||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
Bacallau é o nome común para os peixes do xénero Gadus, pertencente á familia Gadidae. Dentro desta familia recoñécense tres especies :
- Bacallau do Atlántico: Gadus morhua
- Bacallau do Pacífico: Gadus macrocephalus
- Bacallau da Grenlandia: Gadus ogac
Todas estas especies contan cunha gran variedade de nomes rexionais, así a orixe da verba pode ser ben do euskera bakailao, e este á súa vez do neerlandés bakeljauw, variante de kabeljauw, que xustifica o cabillaud francés, que se refire ao bacallau fresco fronte ó seco, morue.
O bacallau é unha comida popular e do seu fígado extráese un aceite reconstituínte. Pode consumirse fresco ou seco. Esta última forma permitiu dispor de reservas proteínicas para os navegantes nas longas travesías. O bacallau consumido na Galiza é importado da Europa, principalmente da Noruega, xa que vive en mares fríos do norte. Polo xeral o bacallau é de tamaño pequeno, malia que algúns exemplares poden chegar a acadar os cen quilos de peso cun tamaño de ata case dous metros. Aliméntase doutros peixes máis pequenos, como o arenque.
Existen numerosas receitas para cociñar o bacallau, agrupándose en cinco grandes familias culinarias: cru (esqueixadas, sushis), asado (á brasa, á biscaina), con aceite (pil-pil, á Braz), con crema de leite ou manteiga (con nata, conventual) e doce (ao mel).
[editar] O bacallau na cultura popular galega
- A muller que ha de ser miña/ ha de ter o cu de pan,/ a barriga de cortizo/ i o nariz de bacallau (é posible un erro na recollida da cantiga de pan por pau).