See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Aviador Dro - Wikipedia

Aviador Dro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Aviador Dro

Formación actual{{{caption}}}
Información
Orixe Madrid
País España
Período 1979-actualidade
Xénero(s) Pop electronico
Selo(s) discográfico(s) DRO, (Discos Radioactivos Organizados)
Membros Biovac N
Arcoiris
ATAT
Nexus
Antigos membros
Web oficial


Aviador Dro é o nome abreviado do grupo liderado por Servando Carballar, El Aviador Dro y sus Obreros Especializados. O seu nome é unha homenaxe á ópera El aviador Dro (1915), poema tráxico en tres actos do músico futurista Francisco Balilla Pratella (1880-1955).

O grupo créase en Madrid en 1979 e son os pioneiros do pop electrónico en España, no ronsel de bandas norteamericanas como Devo. Entre os seus éxitos destacan "Programa en Espiral", "Selector de Frecuencias", "La Chica de Plexiglás" ou "Amor industrial".

En 1982 e cunha incipiente compañía independente chamada DRO publicaba na súa referencia de catálogo número dez o álbum Alas sobre el mundo, presentado como "un fascinante elepé do Aviador Dro". Alí estaban os seus clásicos por excelencia como "Brigada demolición" ou "Selector de frecuencias".

En 1983 -Aviador Dro y sus Obreros especializados'-' atrevéronse ata cun dobre conceptual chamado Síntesis -sendo un disco a tese e o outro a antítese-, que levaba o engadido dun voluminoso manifesto. Eran os tempos nos que o pop electrónico triunfaba.

Ingravidez supuxo os últimos traballos da propia estrutura de DRO.

Posteriormente O Aviador Dro soubo evolucionar co tempo, adaptando a súa estética con cada novo disco. Entre eles están: Trance 4000, Cyberiada (disco en directo), Opera Científica, un dobre cd que reunía os seus éxitos e cancións novas e readaptadas. Mecanisburgo chegou no 2000 e Confía en tús máquinas foi lanzado no 2004.

Índice

[editar] Historia

Desde 1.977 Biovac N, Sincrotron, Placa Tumbler, Derflex Tipo IARR e Fox Cycloide realizan fanzines literarios no instituto Santamarca de Madríd. Biovac e Sincrotron senten fascinados polas vangardas de principios de século : dadaísmo, surrealismo e futurismo. Biocac e Fox Cycloide, xunto a outros amigos forman Alex e os Drugos, inspirados polas bandas punk que proliferan na escena musical underground.

O centro de operacións trasládase ao Ateneo Libertario de Mantuano onde manteñen un local para as súas revistas e outro para os ensaios.

En 1.979 Biovac N e Sincrotron forman Holoplástico, e poñen un anuncio buscando novos membros interesados en grupos máis electrónicos Kraftwerk, Devo, Ultravox e grupos de rock aleman como A Dusseldorf ou Neu : 32 32 e Multiplexor contestan. Asimilan xuntos o "Sentido da vida sistematizada". Únenselles Placa Tumbler e Derflex Tipo IARR e O Home Dinamo. Nace El Aviador Dro y sus Obreros Especializados.

Ensaios e actuacións no Ateneo Libertario de Prosperidade. BIOVAC inventa o termo "Tecno-Pop" para definir a súa música. É a primeira vez que se usa ese termo no mundo.

Durante a gravación o equipo orixinal rompe. Sincrotron, 32 32 e Multiplexor fundan Esplendor Geométrico. Biovac, Derflex e Placa Tumbler chaman ao cantante de "Álex y los Drugos" , Fox Cycloide. Únenselles CTA 102 e Metalina para consumar a "violencia estética". Espectáculo en directo, sprays, bolsas de plástico, electrodomésticos. Úneselles Xe á guitarra.

Gravan varios EPs e un LP: Alas sobre el mundo. Jesús N. Gómez grávalles no seu estudo Doublewtronics e permítelles pagar a gravación en prazos mensuais. Tardan máis dun ano en pagalo. Ningunha compañía interésase en editalos.

Arcoiris, membro de Los Iniciados, entra no grupo. En 1982 Fundan D.R.O. (Discos Radioactivos Organizados) para editar os seus propios discos. Grazas ao éxito inicial (editan a Siniestro Total, Glutamato Ye-Yé, Gabinete Caligari, Loquillo, Los Nikis, Nacha Pop, Decibelios, Alphaville, Def Con Dos e a outros moitos) DRO convértese na primeira compañía independente.

Editan Selector de frecuencias, que se converte no seu primeiro éxito real de radio e vendas. En 1983 editan o dobre LP Síntesis, que inclúe "Tesis" e "Antítesis", e un libreto (Síntese da revolución dinámica). É a época máis activa do Aviador en canto a concertos. O Aviador toca por toda España e día a día crece a súa Rede Organizada de Mutantes ( R.O.M.). Fans adictos ao futuro con quen intercambian información.

En 1985 editan Cromosomas Salvajes. Discos Radioactivos convértese nun fenómeno da Industria Discográfica española. A súa facturación colapsa a capacidade dos Obreros e termina destruíndo o 2º equipo. Márchanse Fox Cycloide e Derfex Tipo IARR. BIOVAC pasa a ser a nova voz da técnica aínda que xa cantara en Selector de Frecuencias, Baila la Guerra, Cita en el Asteroide e outras. Editan Ciudadanos del Imperio (1986). Entran para apoiar os concertos en directo REP (membro de Alphaville) e Laser 2.000 (irmán de Derflex). Concertos con Stranglers e David Bowie.

En 1988 sacan á venda Ingravidez. Biovac e Arcoiris deixan DRO ante o seu crecemento desmesurado e a diferenza de obxectivos cos seus compañeiros. O terceiro equipo de Obreros disgrégase como consecuencia da súa marcha: Xe, Placa Tumbler e Laser 2.000 marchan tamén. Entran REP (como membro fixo) e Genocyber F15 (Mario Gil, de Paraíso e La Mode). A cuarta formación son Biovac, Arcoiris, Genocyber e REP, que realizan a última xira do Aviador Dro ata a data: "A xira magnética", presentación do novo selo discográfico de Biovac e Arcoiris, "La Fábrica Magnética", na que participan Seguridad Social, Surfin' Bichos e outros.

En 1991 editan Trance. En 1994 gravan unha multitudinaria actuación en directo que debería converterse en Cyberadia, o seu primeiro álbum en vivo, e acompañar unha xira. A quebra da Fábrica Magnética impide o seu lanzamento e paraliza a actividade do grupo durante catro anos. En 1.997 Edítase por fin Cyberiada.

En 1999 editan Ópera científica e realizan o "Xenoma Tour". Genocyber e REP deixan o grupo por falta de tempo, entrando ATAT como teclista, guitarra e programador, e Nexus á percusión electrónica. Quinta formación do Aviador Dro: Biovac N, Arcoiris, ATAT e Nexus. Convértese na máis duradeira do grupo, e continúa ata a actualidade.

En 2001, gravan Mecanisburgo. En 2002 lanzan Qué mutada. En setembro de 2003 realizan a súa primeira xira fóra de España: o "Radioactivo Tour" (Alemaña), con concertos en Kaiserslautern, Erlangen, Zúric, Berlín, Bochum e Hamburgo.

En 2004/2005 realizan gravan Confía en tús Máquinas e realizan a xira do mesmo nome, unha das máis extensas na historia do grupo. Ademais, continúan desenvolvendo a vocación de tocar en novos países. En abril de 2005 actúan en México, na xira "Nuclear Siempre" (México DF, Tijuana, e Guadalaxara), e en xullo en Perú (Lima). En 2006 fan unha xira (o "Eléctrico Tour") polos Estados Unidos: en febreiro, a costa leste (Nova York, Boston e Filadelfia), e en abril a costa oeste e o sur (Los Ángeles, San Diego, Phoenix, Albuquerque, Denton, Austin, Houston, Tucson, e Las Vegas).

[editar] Membros

[editar] Formación actual

  • Biovac N (Servando Caballar): Voz , órgano, sintetizadores, programaciones, voces
  • Arcoiris (Marta Cervera): Estética informativa , teclados
  • ATAT (Ismael Contreras): Teclados, guitarra
  • Nexus (Jerónimo Ugalde): Percusión electrónica

[editar] Outros membros

  • Sincrotrón (Arturo Lanz): Voz (1979-1980)
  • Multiplexor (Gabriel Riaza): Baixo, voces (1979-1980)
  • 32-32 (Juan Carlos Sastre): Guitarra (1979-1980)
  • Home Dínamo (Andrés Noarbe): Caixa de ritmos (1979-1980)
  • Placa Tumbler (Manuel Guío): Voces, teclado, vocoder (1979-1986)
  • Derflex Tipo IARR (Alberto Florez-Estrada): Voces, percusión electrónica (1979-1986)
  • CTA 102 (Alejandro Sacristán): Estética informativa (1980-1987)
  • Metalina 2 (Mª Jesús Rodríguez): Estética informativa, información e datos (1980-1988)
  • Cyberjet (Miguel Ángel Gómez-Sáenz): Son en directo (1980-1988)
  • Fox Cicloide (Andrés García): Voz (1980-1986)
  • X (José Antonio Gómez-Sáenz): Guitarra (1980-1988)
  • REP (Juan Antonio Nieto): Percusión electrónica (1987-1999)
  • Láser 2000 (Juan Florez-Estrada): Guitarra (1987-1988)
  • Genocider F15 a.k.a. Genocyber F15 (Mario Gil): Teclados (1988-1999)

[editar] Discografía

  • Alas sobre el Mundo (1982)
  • Síntesis (1983)
  • Cromosomas Salvajes (1985)
  • Ciudadanos del Imperio (1986)
  • Ingravidez (1988)
  • Héroes de los 80 (1990)
  • Trance-La Fábrica Magnética (1991)
  • Cyberiada (1997, directo)
  • Materia Oscura (1998)
  • Ópera Científica (1999)
  • Vano Temporal (1999)
  • Mecanisburgo (2001)
  • Ultimatum a la Tierra (2004)
  • Confia en tus Maquinas (2004)
  • Candidato Futurista (2007)

[editar] Citas

  • "Somos o primeiro paso cara ao home-máquina".
  • "Hai que asimilar o sentido sistematizado da vida para poder ser feliz".
  • "O ser humano desaparecerá. Máis aínda, é necesario aniquilalo para pasar a un estado maquinal. Neste estado, non haberá liberdade individual, unicamente existirá a liberdade colectiva. Tampouco haberá problemas porque cada home-máquina estará debidamente programado e todos seremos felices".
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -