See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Asfalto (grupo musical) - Wikipedia

Asfalto (grupo musical)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Asfalto

{{{caption}}}
Información
Orixe Madrid
País España
Período 1972-1994
Xénero(s) Rock
Selo(s) discográfico(s)
Membros Julio Castejón
José Luis Jiménez
Lele Laina
Enrique Cajide
Jorge Benegas
José Ramón Pérez Guny
Miguel Oñate
Terry Barrios
Ricardo Benitez
Antigos membros
Web oficial www.grupoasfalto.com

Asfalto é un grupo de rock español fundado en 1972.

[editar] Biografía

Os seus membros iniciais son Julio Castejón (Guitarra e voz), Enrique Cajide (Batería), José Luís Jimenez (Baixo e voz) e Lele Laina (Guitarra). Publicaron o seu primeiro disco en 1978, que contén os seus temas máis coñecidos (Días de escuela, Capitán Trueno). Durante a súa traxectoria, Asfalto situouse na fronteira entre os grupos de pop comerciais e o Heavy Rock de Barón Rojo e Obús, o que denominaron rock urbano.

A pesares do éxito inicial prodúciuse unha ruptura e abandonan o grupo Jiménez e Laina, que formarían Topo. Entran no grupo Jorge García Banegas (teclista) e José Ramón Pérez. A banda coa nova formación chega a tocar en Inglaterra. Editan un segundo álbum co título de Al otro lado, no que é evidente a influencia do rock sinfónico, o seguinte traballo titúlase Ahora, e tras este vén unha recompilación co título de Lo mejor de Asfalto na que se inclúe a súa "Canción para un niño", tema inédito ata entón e que seguiu sen aparecer en ningún álbum da banda.

En 1980 ve a luz "Déjalo así", o primeiro álbum dobre de estudo gravado por un grupo español, con todo problemas con Zafiro lévalles a montar a sua propia discográfica en 1982, onde lanzan "Más que una intención" en 1983, con Miguel Oñate como cantante; este álbum aparece tamén en formato de vídeo, cousa que ningún grupo nin solista fixera ata entón en España. Ó ano seguinte aparece "Cronophobia", o grupo continúa actuando con bastante éxito ata 1985. Neste ano abandona o grupo Oñate e entra no seu lugar Ricardo Benitez "Richie" (diminutivo que curiosamente aparece nunha das cancións de "Más que una intención". En 1986 editan "Corredor de fondo", onde non manteñen o nivel e Richie deixa o grupo. No 1987 publicase "15 años de música", no que regravan os seus maiores éxitos, os músicos da banda que os interpretaron nos discos orixinais; o álbum contiña ademáis "El teatro de la vida", tema inédito en disco e anterior á publicación do primeiro traballo.

O público comeza a decaer e coa antiga formación con Terry Barrios como batería actúan unha tempada como Rockorquesta, interpretando temas clásicos do rock de sempre. Aparece en 1988 "Los Singles" unha recompilación que incluía curiosidades e rarezas tales como a versión en inglés de "Halley", "Dinos que fue" (a continuación de "Rocinante"), ou "Justo y traidor", tema que foi cara B do sinxelo "La paz es verde" e que non foi incluído no álbum aínda que si no vídeo. En 1990 publicase "Solo por dinero" un disco intrascendente. Continúan posteriormente con repertorio de Asfalto e Topo. Barrios morre en 1992 e, tras unha homenaxe, Asfalto decide volver á estrada con Cajide de novo como batería.

En 1994 publicase "El Planeta de los Locos" un disco bastante elaborado. Aínda que pouco tempo despois decídese disolver o grupo para seguir os seus membros carreiras en solitario, como Julio Castejón que na actualidade ten varios discos coa formación "Julio Castejón y Los Trípodes" e Jose Luis Jiménez que segue cos seus Topo. Banegas dedícase á música electrónica mentres que de Miguel Oñate segue en solitario.

[editar] Discografía

  • Asfalto (1978)
  • Al otro lado (1978)
  • Ahora (1979)
  • Lo mejor (1980)
  • Déjalo así (1981)
  • Más que una intención (1983)
  • Cronophobia (1984)
  • Corredor de Fondo (1986)
  • 15 años de música (1987)
  • Los Singles (1988)
  • Sólo Por Dinero (1990)
  • El Planeta de los Locos (1994)
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -