Asemblea Nacional de Francia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Asemblea Nacional de Francia (en francés Assemblée Nationale) é unha das cámaras do parlamento bicameral de Francia. A outra cámara é o Senado (Sénat).
A Asemblea Nacional consta de 577 deputados, cada un dos cales elíxese en ata duas quendas de votación e representa unha circunscripción electoral específica.
A duración máxima do mandato da Asemblea e os seus deputados é de cinco anos. O Presidente de Francia pode disolver a Asemblea (e anunciar novas eleccións), agás se xa o fixo no mesmo ano.
A sede oficial da Asemblea Nacional é o Palais Bourbon nas beiras do río Sena, no barrio 7 de París
[editar] Véxase tamén
- Política de Francia
- Asemblea Nacional