Arturo Casas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arturo Casas Vales (A Coruña, 1958) é un teórico da literatura licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, ademais de doutor en Filoloxía Hispánica, poeta, tradutor e ensaísta. Como investigador ten atendido varios campos, entre os cales se atopan a obra de Rafael Dieste e os seus núcleos de acción cultural e política, o pensamento estético-literario contemporáneo, a teoría do poema, a intervención e o acto críticos, os estudos sistémicos, a metodoloxía da Historia literaria e a poesía do século XX, con especial atención á galega nos períodos 1916-1936 e 1976 en adiante. Actualmente imparte clases de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na USC.
Índice |
[editar] Obras
[editar] Como poeta
- Sombra de unidade (1990). Deputación Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións.
- Pedra de Nadir (1995). Espiral Maior.
- Momentum (1997). Sotelo Blanco.
[editar] Como investigador e crítico literario
- Rafael Dieste, Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura, (1990). Ediciós do Castro. Edición e introdución.
- Rafael Dieste, Fragua íntima. Aforismos (1926-1975), (1991). Edición, introdución e notas.
- Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, (1994). Galaxia.
- La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste, (1997). Universidade de Santiago de Compostela.
- Dicionario de termos literarios (A-D), (1998). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades – Xunta de Galicia . Autoría conxunta do Equipo Glifo.
- La descripción literaria. Traza fenomenológica y semiótico-hermenéutica, (1999). Episteme.
- Bibliografía sistemática de teoría literaria, (2002). Universidade de Santiago de Compostela.
- Dicionario de termos literarios (E-H), (2003). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia. Autoría conxunta do Equipo Glifo.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003). Editorial TrisTram.
- Elementos de crítica literaria, (2005). Xerais. Colectiva.
- DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos literarios, (2006). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia . Dirección conxunta do Equipo Glifo.
[editar] Como tradutor
- Vello ceo nórdico. Antoloxía da poesía estonia contemporánea. Edición trilingüe estonio-galego-inglés. Monografías do Boletín Galego de Literatura [1], Universidade de Santiago de Compostela, (2002). Edición en colaboración con Jüri Talvet.
- Pluriversos: Seis poetas irlandesas de hoxe. Edición bilingüe inglés-galego ou gaélico-galego ao coidado de Manuela Palacios. Follas Novas Edicións. Colaboración do Ireland Literature Exchange/Idirmhalartán Litríocht Éireann, col. Libros da Frouma, 2003. Tradución en colaboración con Manuela Palacios.