Arechis II de Benevento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arechis II (? - 26 de agosto de 787) foi duque de Benevento do 758 ao 774, e despois príncipe da mesma cidade do 774 ata a súa morte. Desde 774 afincouse en Salerno no pazo que construíu, creando o que se había de converter no 839 no Principado de Salerno.
Nobre longobardo, de orixe probabelmente beneventana, Arechis casou con Adelperga, filla do rei Desiderio e foi nomeado polo seu sogro duque de Benevento no 758, no lugar do rebelde Liutprando. Tras a vitoria de Carlomagno no 774 e o fin da "Longobardia maior", Arechis tomou o título de "princeps" converténdose en herdeiro das tradicións, da cultura e da identidade nacional do propio pobo.
A súa actividade política virouse cara a independencia do seu dominio: prestou formal obediencia a Carlomagno sen aceptar ligazóns de vasalaxe, non buscou o conflito aberto co papado, manifestou un comportamento amigábel canto aos bizantinos. Fundador da basílica beneventana de Santa Sofia e promotor de inxentes iniciativas urbanísticas, Arechis II foi un protector de homes de cultura, entre eles o seu irmán Paulo Diácono, así como benfeitor de numerosos mosteiros.
O refinamento de inspiración grega da corte beneventana testemuña un florecemento económico do principado, mentres o códice lexislativo emanado de Arechis II testemuña a súa preparación xurídica. Morreu o 26 agosto de 787, poucos días antes do desembarco en Lucania de embaixadores bizantinos encargados polo imperio de establecer co príncipe unha alianza formal.
Ducado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Liutprando de Benevento |
Arechis II de Benevento | Precede a: - |
- |
Principado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: - |
Arechis II de Benevento | Precede a: Grimoaldo III de Benevento |
- |