Desiderio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Desiderio de Lombardía (nace sobre 710 – morre máis ou menos en 774), duque longobardo de Toscana (?), cualificado igualmente por veces como «duque de Istria», é o derradeiro rei dos longobardos de Italia (757 – 774).
Aistolfo, rei dos longobardos, morreu sen fillos, Desiderio xunta un axército e forza a Ratchis, irmán de Aistolfo, a lle ceder os seus dereitos, 757. Logo ataca ao Papa Estevo II; pero foi rexeitado por Pipino o Breve. En 770, entrega a súa filla a Carlomagno esperando ter nese príncipe un aliado seguro; pero desde o ano seguinte, tivo que soportar o ver á súa filla repudiada, e en 773 os seus propios estados foron invadidos polo seu xenro, ao que chamara o Papa Adrián I, ameazado polos longobardos. Vencido polos francos de Carlomagno, cercado e preso en Pavía, capital longobarda, capitula en marzo de 774 antes de ser enviado ao mosteiro de Corbia (Picardía actual) ou de Liexa ata o fin dos seus días, se cadra sobre 786.
Índice |
[editar] Xenealoxía
Desiderio de Lombardía, casa con Ansia (ou Ansa)
│ ├─ Gerberga │ casa en 768 con Carlomán (cf. Carolinxios) │ ├─ «Desiderada»: repudiada por Carlomagno antes de 771 │ casa en 770 con Carlomagno (cf. Carolinxios) │ ├─ Adelchis († 788): expulsado de Italia por Carlomagno en 774 ou 775, refúxiase en Bizancio. │ |_ Liutberga de Lombardía. Casa con Tasilon III de Baviera (cf. Agilolfing)
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Jean-Charles Volkmann, Bien Connaître les généalogies des rois de France ISBN 2-877472086 ;
- Michel Mourre, Le petit Mourre. Dictionnaire de l'Histoire ISBN 2-03519265.
[editar] Outros artigos
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Ratchis |
Desiderio | Precede a: último longobardo |
- |