Arcturus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arcturus (α Boo / α Boötis / Alpha Boötis) é a estrela máis luminosa da constelación de Boötes , é a terceira máis luminosa do ceo, cunha magnitude visual de −0.05.
É unha K1.5 III xigante vermella, 116 veces máis luminosa ca o Sol. O seu brillo aparente débese á súa proximidade á Terra (36'7 anos luz).
O seu nome provén do grego Αρκτoυoρoς (o coidador de osos)