See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Anittas - Wikipedia

Anittas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Anittas, fillo de Pithanas, foi un rei semilexendario dos hititas en Kusar (Kuššar) ou Kushara (Kuššara), unha cidade que aínda non foi identificada. Tiña o título de rei de Kusar e despois de grande rubaum. O seu rabi simmiltim (xefe da corte) foi Peruwa-kammaliya, que aparece tamén mencionado simplemente como Peruwa pero que seguramente eran a mesma persoa, e foi probabelmente o seu fillo e sucesor. Foi contemporáneo de Samsiadad I de Asiria (sobre -1800).

Anittas reinou a finais do século -XVIII e crese que foi ascendente de Hattusilis I, o primeiro gran rei hitita de Hattusa, no chamado texto Anittas (CTH 1.A, editado en StBoT 18, 1974)[1], o texto máis antigo coñecido da lingua hitita ao mesmo tempo que o texto indoeuropeo máis antigo coñecido. O texto alenta a especulación de que tanto Anittas como Pithanas, eran de orixe hatti e ofrece unha lista de cidades saqueadas por Pithanas, e detalla os seus feitos. No seu tempo os indoeuropeos aínda se estaban establecendo na rexión e un nativo, Piyusti de Kanis, apoderouse de Nesa ou Neša (hitita Hattusa).

No seu primeiro ano como rei atacou Hattusa ou Hattuša (probabelmente para reconquistar a cidade ocupada polos hatti nativos, diferentes dos hititas indoeuropeos) que estaba agora gobernada por Piyusti de Kanish pero se ben gañou a batalla, non foi suficiente para acabar con Piyusti. Naquel momento a cidade non se chamaba Hattuša senón que o seu nome era Nesa (Neša) e é a moderna Bogazköy (agora Bogazkale).

O segundo ano chegou na costa do mar Negro (Zalpuwa). Refuxiados os restos dos inimigos en Hattusas, Anittas preferiu cortar as liñas de abastecemento da cidade e rendela por fame. Logo de informarse por espías que xa non quedaban guerreiros en Hattusas que puidesen empuñar as armas, tomouna de noite. Como mostra do seu poderío, Anittas encheu a cidade de maldicións sagradas, e sementouna con zahheli, unha planta espiñenta. As riquezas que Anittas saqueou en Hattusas servíronlle para construírse un gran palacio en Nesa. Ao mesmo tempo, foi o primeiro monarca hitita en tomar o título de Gran Rei.

Despois volveu a atacar a Piyušti e librou unha segunda batalla na cidade de Šalampa, na que triunfou; Piyusti retirouse e fortificou Hattuša, que Anittas cercou; na cidade comezou a fame e, xa debilitada, Anittas tomouna unha noite por asalto e destruíuna. Anittas impuxo un anatema "o que despois de min for rei e restaurar Hattuša que o deus das tormentas e do ceo o vote fóra". A lingua nativa (o "hatili") seguiuse usando pero a lingua da clase dirixente foi o hitita. Kanish ou Kanis aparece pouco despois baixo o rei Zuzzu.

Tamén conquistou Zalpa e Purushanda. O rei desta última foi á corte de Anittas pero a súa posición non deixaba lugar a dúbidas en canto a que el estaba sometido, como o mesmo Anittas explica no texto mencionado.

Tal vez o sucedeu o seu fillo Peruwa ou Peruwa-kammaliya que era o seu rabi simmiltim en vida do rei, pero non está acreditado que chegase a ser rei, xa que das inscricións encontradas, en ningunha porta o título real.


[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -