See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Hatti - Wikipedia

Hatti

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Terminoloxía

O termo hititas chegou ata nós a través da Biblia e as fontes do Antigo oriente en xeral, e serve para designarmos un pobo indoeuropeo de Anatolia. Os hititas chamaban á súa lingua nesili (nesita), en relación coa cidade de Nesa (Kanesh). O que eles chamaban hattili (lingua hatti) era de feito a lingua do pobo que habitaba na rexión de Hatti (capital Hattusha), en Anatolia central (preto da actual Ankara), na que os hititas se instalaron e desde onde fundaron un poderoso reino, seguindo a chamar "Hatti" ao país, e que lles deu o seu nome.

[editar] Quen eran os hatti?

Localización dos principais xacementos da Anatolia hitita
Localización dos principais xacementos da Anatolia hitita

O pobo hatti fica mal coñecido. Considérase xeralmente que ocupan a Anatolia desde moito antes das poboacións indoeuropeas, en primeiro lugar os hititas pero tamén os Palaítas, pois estes tomaron prestado unha parte do seu vocabulario, dos seus deuses e da súa relixión. Con tode é imposíbel determinar claramente trazos propiamente hatti nos descubrimentos arqueolóxicos da Anatolia Central protohistórica (milenio -III), ata tal punto é homoxénea a cultura material deste período, mesmo se se efectuaron algunhas tentativas interesantes.

As primeiras fontes históricas para a rexión son as dos arquivos dos comerciantes asirios que estableceran colonias en Capadocia (séculos -XIX a -XVIII), nun país dominado polos hititas-nesitas, pero onde os elementos hatti están aínda ben presentes. Con todo é máis lóxico buscarmos o hábitat dos Hatti na rexión que deu o seu nome, onde existe nesta época un "reino de Hatti", cuxa capital está situada en Hattusha, a futura capital dos hititas. Este reino aparece aliado a outra entidade política situada máis ao norte, o reino de Zalpa. Este primeiro reino de Hatti cae sobre -1900 baixo o empuxe do rei Anittas de Kussar, que abate ao seu rei Huzziyas e destrúe Hattusha. Se ben se intentou ver no nome de Huzziyas un nome hatti, e se quixo facer deste reino unha entidade política dominada por este pobo, chegando ata facer da loita contra os hititas-nesitas unha loita étnica, nada permite confirmar estas hipóteses, e se cadra Hattusha estaba xa dirixida por unha dinastía hitita, como a que funda no século -XVII o primeiro reino hitita.

[editar] A relixión hatti

Os hititas conservaron vellos rituais relixiosos hatti retranscribindo esta lingua en escritura cuneiforme, e traducindo estes textos á súa lingua para comprendérenas mellor. Estes rituais, que facían referencia a mitos hatti (como o d'A Lúa caída do Ceo) están nun estado demasiado lacunario como para seren ben comprendidos, e o vocabulario relixioso fica engorroso.

Coñécense ben, en cambio, os nomes dos deuses hatti, retomados polos hititas. A Deusa-sol de Arinna, divindade do mundo subterráneo, correspóndese coa deusa hatti Wurushemu, o seu compañeiro o deus-sol do Ceo é Eshtan. O deus da Tempestade, asociado de maneira xeral á auga, elemento fertilizdor chámase Taru (se cadra un derivado do hitita Tarhunta), e ten dous importantes santuarios en país Hatti, en Nerik e Zippalanda. O deus agrario hitita Telebinu, fillo de Wurushemu e de Eshtan, é sen dúbida de orixe hatti. Os outros deuses principais hatti son Wurunkatte, deus da guerra, Inara, o "Xenio de Hattusha", Halmasuit, a "deusa-trono" e Kunzanisu, deusa lunar.

[editar] A lingua hatti

A lingua hatti é unha lingua aglutinante que non está emparentada con ningunha familia lingüística coñecida. É pois unha lingua illada. Falouse en Anatolia ata o principio do IIº milenio antes da nosa era.

Á chegada dos hititas, sobre -2000, estinguíuse a beneficio da linguas anatolias faladas polos recén chegados. Con todo foi utilizada como lingua litúrxica ata a caída do Imperio Hitita sobre o -1200. Converteuse nun importante substrato do hitita, que colleu moitos préstamos do hatti.

Os hititas escribiron o hatti por medio da escritura cuneiforme, facendo preceder os pasaxes nesa lingua co adverbio hattili en hatti.

Se ben esta lingua é considerada unha lingua illada, algúns investigadores poñen en relación o hatti coas linguas caucásicas como o abkhazo ou as do grupo kartvélico. En efecto, o hatti comparte con estas linguas a ausencia de xénero gramatical e o uso de prefixos.

Historia da Anatolia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -