Zalpa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zalpa ou Zabar, foi unha cidade hitita, probabelmente a capital do reino denominado Zalpuwa, na ribeira do mar (o mar Negro na rexión da clásica Amisos na desembocadura do moderno río Kizil Irmak, probabelmente hoxe cuberta polo mar). É posíbel que fora Hattusilis I o rei que conquistou Zalpa, situada na costa do mar Negro. Saqueouna e destruíuna. Unha teoría supón que un "gran rei" de nome Huzziyas, foi rei de Zalpa e exerceu unha certa hexemonía antes de Labarnas I (antes do -1700) pero acabou sometida por Hattusilis I uns anos máis tarde.
A cidade e o territorio de Zalpuwa serían conquistados polos kaska sobre o -1390, en tempo de Arnuwandas I.