Amersfoort
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amersfoort é un concello da provincia de Utrech, Países Baixos, situado nas ribeiras do río Eem. Conta con 134.768 habitantes (2005)
Os primeiros asentamentos na rexión de Amersfoort datan de arredor do 00 a.C., pero o nome de Amersfoort non aparece ata o século XI.
En 1259 bispo de Utrecht, Hendrik van Viandeno dálle o status de cidade.
A construción da igrexa da Nosa Señora comezou en 1444, en 1787 vense abaixo, permanecendo tan só A Torre (Onze-Lieve-Vrouwentoren), unha das torres de igrexa máis altas do país, con 98 m. A cidade vella permanece case idéntica ao aspecto que tiña na Idade Media, época na que a cidade era un importante centro da industria téxtil. No século XVIII a cidade floreceu a causa do cultivo do tabaco.
Durante a Segunda Guerra Mundial preto da cidade houbo un campo de concentración.