Alfredo Pérez Rubalcaba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alfredo Pérez Rubalcaba (28 de xullo de 1951, Solares, Cantabria) é un político español pertencente ó Partido Socialista Obrero Español. É Doutor en Ciencias Químicas e foi profesor universitario na Universidad Complutense. Foi Ministro de Educación e Ciencia (1992 - 1993) e Ministro da Presidencia (1993 - 1996). Na V lexislatura foi deputado por Toledo, e despois pasou a selo por Madrid nas eleccións de 1996 e de 2000, por Cantabria en 2004 e por Cádiz en 2008. Desde abril de 2006 é Ministro del Interior.
[editar] Biografía
Alfredo Pérez Rubalcaba ingresou no PSOE en 1974, no que comezou a colaborar na Federación Socialista Madrileña e, máis tarde, nas comisións de Ensino e Investigación tanto do partido coma do Grupo Parlamentario Socialista.
Coa lchegada ó Gobierno do PSOE en 1982, Rubalcaba asumiu distintos cargos relacionados coa universidade e a educación. De feito, en 1988 foi nomeado Secretario de Estado de Educación, e entre 1992 e 1993 foi nomeado ministro de Educación e Ciencia. Tralas eleccións xerais de 1993, o daquela presidente do Goberno, Felipe González, nomeouno ministro da Presidencia e de Relacións coas ortes (carteira de nova creación), cargo no que se mantivo ata as Eleccións xerais de 1996.
Nas xerais de marzo de 1996, que o PSOE perdeu fronte ó PP, Rubalcaba resultou elixido deputado por Madrid.
Un ano máis tarde, no XXXIV Congreso do PSOE, foi elixido membro da Executiva e secretario de Comunicación. A súa inclusión nas listas do partido por parte do por entón secretario xeral do PSOE, Joaquín Almunia, veu a refrendar a súa notable importancia no Partido na nova etapa. De feito, o actual ministro do Interior foi un dos principais encargados de mantr contactos co goberno popular sobre ETA a raíz da tregua de 1999.
No XXXV Congreso socialista, no que José Luis Rodríguez Zapatero foi elixido novo secretario xeral do PSOE, Rubalcaba entrou a formar parte do Comité Federal do partido. Nesta etapa, encabezou a delegación socialista que acordou co PP o denominado Pacto polas Liberdades e contra o Terrorismo, asinado en decembro de 2000.
Nas eleccións xerais de marzo de 2004, Rubalcaba foi responsable da Estratexia Electoral do PSOE, e máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Socialista no Congreso de los Diputados. Desde o 11 de abril de 2006 substitúe a José Antonio Alonso á fronte da Carteira de Interior. Este relevo produciuse tralo "alto ao fogo" da banda terrorista ETA.
[editar] Cargos actuais
- Ministro do Interior.
- Vocal doa Deputación Permanente do Congreso.
- Adscrito á Comisión de Interior.
- Vocal da Comisión de Regulamento.
- Presidente da Delegación española na Asemblea da Unión Interparlamentaria (UIP).
[editar] Ligazóns externas
Página del Ministerio del interior
Predecesor: Javier Solana |
Ministro de Educación e Ciencia de España 1992 - 1993 |
Sucesor: Gustavo Suárez Pertierra |
Predecesor: Javier Moscoso del Prado y Muñoz |
Ministro da Presidencia de España 1993 - 1996 |
Sucesor: Francisco Álvarez Cascos |
Predecesor: José Antonio Alonso |
Ministro del Interior de España 2006 - |
Sucesor: No cargo |