See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Agnes Heller - Wikipedia

Agnes Heller

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Alto!!! Este artigo está sendo editado.
Este artigo está actualmente sendo editado.
Por favor, non faga ningunha edición neste artigo mentres esta mensaxe siga aparecendo para evitar así conflitos de edición.
Se precisa saber quen está traballando no artigo, por favor revise o historial de edicións
(O tempo máximo de presenza deste marcador no artigo é dun mes; pasado ese tempo debe retirarse).


Imaxe:Agnes Heller.jpg
Agnes Heller (filósofa)

Agnes Heller (Naceu o 12 de maio de 1929 en Budapest, Hungría) é unha das filósofas de tradición marxista máis importantes. Na súa adolescencia foi testigo do holocausto. En 1947 coñece a György Lukács, impulsor da chamada Escola de Budapest, da que Heller formou parte. A súa obra pode dividirse entre unha primeira etapa (de 1947 á década dos 70) ligada á influencia de Lukács e o desexo de transformar o réxime soviético nun socialismo xusto; e outra etapa que se extende ata a actualidade, dedicada a estudar as institucións e prácticas democráticas.

Índice

[editar] Biografía

Agnes Heller medrou no seo dunha familia xudea de clase media. O seu pai, Pal Heller, nunca puido quedar cun só posto de traballo durante moito tempo. Durante a Segunda Guerra Mundial utilizou a súa formación xurídica e os seus coñecementos de alemán para axudar ás persoas a obter a documentación necesaria para emigrar da europa nazi. En 1944, o pai de Heller foi deportado, xunto con outros 450.000 xudeus húngaros, ao campo de concentración de Auschwitz onde morreu antes de que finalizase a guerra. Heller e a súa nai conseguiron evitar a deportación e buscaron refuxio fora do seu país.

En 1947, comezou a estudar física e química na Universidade de Budapest, pero pronto cambiou á filosofía e ás ciencias sociais cando escoitou a conferencia do filósofo marxista György Lukács sobre as interseccións da filosofía e a cultura. Heller é discípula deste, formada na filosofía de Kant e Hegel dotorouse en filosofía cunha tese sobre a ética de Nocolay Chernishevsky e en ciencias.

1947 Foi tamén o ano en que se uniu ao Partido Comunista, forma parte del en distintas etapas da súa xuventude, Heller apoiou os movementos de apertura no bloque soviético, con posicións de 'marxismo humanista' que serían calificadas de 'revisionistas' e contrarias á política oficial. Formou parte da chamada 'Escola de Budapest', encabezada por Lukács; xunto con F. Feher, G. Markus e M. Vadja.

Participou na Revolución Húngara de 1956 e casou con Ferenc Fehér, con quen militou e escribiu varios libros. Esta Revolución foi o acontecemento político máis importante da súa vida, neste momento viu os efectos das liberdades académicas da teoría crítica marxista como perigosa para toda a estrutura política e social de Hungría. Heller confirmou o levantamento das ideas de Marx que, o que realmente quere dicir, é que a xente teña a autonomía política e a determinación colectiva da vida social.

Foi testigo da represión que seguiu á Primavera de Praga en Checoslovaquia en 1968, a morte do seu maestro en 1971, así como sufriu persecucións que a obligaron varias veces a exiliarse.

Lukács, Heller e outros teóricos marxistas críticos xurdidos da Revolución tiñan a convicción de que o marxismo e o socialismo deben ser aplicados ás distintas nacións en distintas formas. Heller foi expulsada do Partido Comunista e despedida da Universidade en 1958 por negarse a acusar a Lukács como colaborador na Revolución. Non foi capaz de renovar as súas investigacións ata 1963, cando foi invitada a unirse ao Instituto de Socioloxía da Academia Húngara como investigadora. Hoxe en día é profesora de Filosofía da Nova Escola de Investigación Social, en Nova York.

[editar] Pensamento

Da moi ampla obra de Heller, na mellor tradición da filosofía marxista-humanista, crítica das disolucións do pensamento postmoderno, cabe destacar as súas achegas ao estudo da vida cotiá e ás engrenaxes entre o cotián e a sedimentación histórica. A vida cotiá fórmase a través das apropiacións que fai o individuo das ferramentas de socialización: a linguaxe, os usos e costumes e os instrumentos culturais. O plano do cotián está marcado por unhas pautas de comunicación básicas na práctica dos intercambios que describen a convivencia, caracterizadas pola espontaneidade, o pragmatismo, a economía de esforzo, a confianza, a xeneralización, a imitación, a satisfacción individual... Xunto a esta esfera de proximidade vital constrúese a vida non cotiá, a sedimentación social do coñecemento, dos valores e da historia. Unha construción dialéctica, onde se obxectivan en termos históricos os nutrintes da vida cotiá. Heller analiza os apalancamentos na vida cotiá que sobredimensionan o cotián sobre o non cotián, o individual sobre a formación social como instancia transformadora, e fala da 'alienación da vida cotiá'. Prodúcese aquí a degradación cultural dunha sociedade, onde os valores efémeros non só non rexeneran o plano do non cotián, senón que impide que os individuos se enriquezan das esferas superiores do coñecemento. Aquí, cabe inferir, aparecen como instancias de apalancamento do cotián, isto é, de alienación da vida diaria, os instrumentos mediáticos que se apropian do tempo social. Así, mentres vive unha realidade rica e complexa no plano do non cotián, que se define no paradigma da sociedade do coñecemento, a alienación do cotián leva escenarios empobrecidos, escasamente conectados coa riqueza da objetivación histórica, que son, á vez, os máis fráxiles e vulnerable á manipulación e a indución de pautas de comportamento no plano individual da vida diaria.

[editar] Capitalismo

Propón unha visión crítica pero construtiva da democracia liberal. Para Heller o capitalismo nunca existiu realmente, tal e como se considera en xeral. Para ela non é máis que un ideal negativo, o capitalismo puro e libre non existiu nin existirá nunca. Hay un mercado, pero sempre houbo algún tipo de redistribución por parte do Estado. A intelectual explica por qué di que “cada home é fillo do seu tempo”. Cre que non se pode saltar sobre a modernidade, e esta non queda detrás de nós, senón que nós somos a modernidade; esto implica a necesidade de traballar individualmente sobre tres cuestións: a técnica, onde entran a ciencia e a tecnoloxía, a democracia e o sistema de distribución. Neste sentido, considerou que o mercado non se pode abolir. É algo que hai que aceptar pero que lle hai que poñer freos; e sempre se lle puxeron freos porque senón este destrue toda identidade e diferencia social e individual. A autora, distanciouse aquí do marxismo, pois afirmou que aínda que “Marx fixo unha análise moi profunda sobre as consecuencias do capitalismo que ía destruír o sistema, debe ser abandonada, pois é unha utopía”.

Por iso rexeitou a idea dunha “conciencia colectiva” e optou por un “suxeito individual” que fai eleccións constantemente na súa vida cotidiá. Tamén di que todo “ismo”, en referencia tanto ó marxismo como ó postmodernismo, debe ser abandonado, pois implica descoñecer a decisión individual.

[editar] Suxeito colectivo

Non hai suxeito colectivo. Heller di que non existe unha conciencia colectiva, que a elección é sempre individual e que non hai eleccións colectivas, porque se son colectivas supón que hai un consenso; cando non o hai. Sostén que ningún ‘ismo’ é bo. Os ismos queren ser a encarnación da verdade; e incluíu entre eles o marxismo: “acostumaba considerarme marxista, pero xa non. Non son nin marxista nin postmarxista, son Agnes Heller”. Afirma que os principios filosóficos non teñen que ver cos “ismos”; son preguntas sobre a vida e quen somos, e non poden estar definidas por ningún “ismo”, que é algo secundario. Para ela xa non existen verdadeiros marxistas, Heller considera que o único que era verdadeiramente marxista era Lukács.

[editar] Filosofía radical

Heller di que a filosofía quere saber o que é verdadeiro e o que é bo; porque ama a verdade e o bo. O verdadeiro e o bo son preguntas que caen no ámbito ontolóxico (ser e pensar). A filosofía é buscar aquilo que é o saber polo saber mesmo e nesa mesma medida buscar o bo dese saber. A ventaxa de non saber nada non é máis cá invitación a pensar, a pensar xuntos, a pensar entre todos. O filósofo guía ó pensador, conduceo con axuda de argumentos á luz do verdadeiro e do bo. Fálanos dunha cima na que todo ser racional pode chegar, neste sentido di que o ser está inmerso no seu propio mundo no cal cada quen ten a súa propia idea e pode esa idea ser descifrada dentro dunha totalidade. ”A unidade do verdadeiro e bo consiste no deber ser”. Heller desde a xuventude comeza a detallar o problema do positivo na relixión cristiá, esta positividade refírese a que a relixión non é imposta como un dogma, a cuestión está no imperativo desta. Pero, o ser configura a filosofía desde o punto de vista do deber, a configuración da filosofía permite crear unha plataforma ben estruturada para tomar como punto de partida os fundamentos das filosofías e unilas no que Heller chama “Verdade e ben”. A filosofía constrúe o seu mundo. Para a filosofía é verdade só aquilo que cada home coa axuda da súa propia razón pode entender como verdadeiro. A función desta consiste en conducir ó home racional mediante a axuda do pensamento racional ás alturas do coñecemento do deber dese ben e esa verdade que ela coñece.

[editar] Obras

  • Estudos sobre a vida cotiá (1970).
  • Teoría das necesidades en Marx (1973).
  • Hipóteses para unha teoría marxista dos valores (1974).
  • As formas da igualdade (1978).
  • Instinto, agresividade e carácter.
  • Introdución a unha antropoloxía social marxista (1980).
  • Teoría da historia (1982).
  • Eastern left, Western left (1986).
  • Beyond Justice (1987).
  • Ética xeral (1988).
  • Políticos da postmodernidade (1989).
  • Revisión da teoría das necesidades (1996).

[editar] Véxase tamén

[editar] Outras páxinas

  • György Lukács

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -