See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Agatha Christie - Wikipedia

Agatha Christie

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Placa en lembranza de Agatha Christie no exterior da Torre Abbey, en Torquay
Placa en lembranza de Agatha Christie no exterior da Torre Abbey, en Torquay

Agatha Mary Clarissa Miller Christie (nacida en Torquay, (Devon), o 15 de setembro de 1890, e falecida en Cholsey, (Oxfordshire) o 12 de xaneiro de 1976), foi unha escritora inglesa de novelas de misterio. Tamén escribiu novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. É coñecida como a Raíña do Crime.

Agatha Christie é a escritora de misterio máis coñecida do mundo. Ata o 2003 vendéranse máis de mil millóns de exemplares dos seus libros en inglés e outros mil millóns traducidos a máis de 45 idiomas. Como exemplo do seu éxito internacional, é a escritora que máis libros vendeu en Francia con máis de 40 millóns de exemplares (ata 2003), contra 22 millóns de Émile Zola, a súa competidora máis cercana.

A súa obra de teatro The Mousetrap (A ratoeira), baseada no seu relato Three Blind Mice and Other Stories) ten o récord de permanencia en carteleira en Londres, con máis de 20.000 representacións desde o seu estreno no teatro Ambassadors o 25 de novembro de 1952 ata a actualidade.

Christie publicou máis de oitenta novelas e obras de teatro, principalmente do tipo da habitación pechada e con argumentos onde intervén un dos seus personaxes principais, ben Hercules Poirot ou ben Miss Marple. Se ben lle gustaba variar a forma establecida do relato de detectives (un dos seus primeiros libros, The Murder of Roger Ackroyd, é famoso polo seu sorpresivo desenlace), era escrupulosa en xogar limpo co lector ó asegurarse de dar toda a información para resolver o problema.

A maioría das súas novelas e relatos foron levados ó cine, algúns en máis dunha ocasión, como Murder on the Orient Express ou Death on the Nile.

Agatha Christie estivo escribindo desde o final da Primeira Guerra Mundial, cando creou ó seu personaxe Hercules Poirot, o pequeno detective belga coa súa cabeza con forma de ovo e a súa paixón pola orde, e desde entón un dos detectives máis populares desde Sherlock Holmes. Poirot e os seus outros detectives (como Miss Marple) apareceron tamén nas numerosas películas, programas de radio e representacións teatrais baseados nos libros de Agatha Christie.

Índice

[editar] Biografía

Agatha Christie naceu na vila de Torquay (condado de Devon), de pai norteamericano e nai británica, se ben nunca tivo a nacionalidade estadounidense.

O seu primeiro matrimonio, nada feliz, tivo lugar en 1914, co coronel Archibald Christie, aviador do Royal Flying Corps. A parella tivo unha filla, Rosalind Hicks, e se divorciou en 1928.

Durante a Primeira Guerra Mundial traballou nun hospital e no dispensario do mesmo, o que tivo certa influencia na súa obra: moitos dos asasinatos que relata lévanse a cabo con velenos.

En decembro de 1926 desapareceu durante once días, causando gran alarma na prensa. O seu vehículo atopouse abandonado nunha canteira. Finalmente atopóusele nun hotel de Harrogate, onde dixo sufrir amnesia a causa dun ataque de nervios trala morte da súa nai e a confesión de infidelidade por parte do seu marido. Aínda hoxe se discute se todo é verdade ou simplemente un truco publicitario. Esta aventura foi filmada en 1979 co título de Agatha, coa actuación de Vanessa Redgrave.

En 1930 casou co católico Max Mallowan, un arqueólogo 14 anos menor. Acompañouno nas súas viaxes ó Medio Oriente, que serviron de trasfondo a varias das súas novelas.

En 1961 foi nomeada membro da Real Sociedade de Literatura, e feita doctora honoris causa en Letras pola Universidade de Exeter.

En 1971 concedéuselle o título de Dama do Imperio Británico (Dame), o equivalente feminino do título de Sir, un título de nobreza que naquela época se concedía con menos frecuencia ás mulleres do que se fai con xustiza hoxe en día.

Agatha Christie morreu de causas naturais o 12 de xaneiro de 1976, con 85 anos, en Winterbrook House, Cholsey, cerca de Wallingford, Oxfordshire. Está enterrada no camposanto da igrexa de St. Mary, en Cholsey.

Varios dos seus libros foron publicados a título póstumo, entre eles a súa autobiografía.

Actualmente estanse programando videoxogos adaptados dos libros de Agatha Christie.

Ademais de ser escritora detectivesca escribiu 6 novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott, algunhas obras teatrais e un libro de poemas.

Unha das características principais da prosa detectivesca de Agatha Christie é que se desarrollan no que se denomina o whodunit; o que permite ó lector ensaiar hipóteses e en suma intentar adiviñar a identidade do culpable antes de acabar a lectura do relato.

[editar] Obras

[editar] Novelas

  • 1920 The Mysterious Affair at Styles (Aparecen Hércules Poirot, o inspector Japp e o capitán Hastings)
  • 1922 The Secret Adversary (Aparecen Tommy e Tuppence)
  • 1923 Murder on the Links
  • 1924 The Man in the Brown Suit
  • 1924 Poirot Investigates (once relatos)
  • 1925 The Secret of Chimneys (presenta ó Superintendente Battle de Scotland Yard)
  • 1926 The Murder of Roger Ackroyd
  • 1927 The Big Four
  • 1928 The Mystery of the Blue Train
  • 1929 Partners in Crime (quince relatos)
  • 1929 The Seven Dials Mystery (cos mesmos personaxes de The Secret of Chimneys)
  • 1930 The Murder at the Vicarage (presenta a Miss Marple)
  • 1930 The Mysterious Mr. Quin (presenta ó Sr. Harley Quin; relatos)
  • 1931 The Sittaford Mystery
  • 1932 Peril at End House
  • 1933 The Hound of Death (doce relatos)
  • 1933 Lord Edgware Dies
  • 1933 The Thirteen Problems (trece relatos coa señorita Marple)
  • 1934 Murder on the Orient Express
  • 1934 Parker Pyne Investigates (doce relatos) (presenta a Parker Pyne e Ariadna Oliver)
  • 1934 The Listerdale mystery (doce relatos)
  • 1935 Three Act Tragedy
  • 1935 Why Didn't They Ask Evans?
  • 1935 Death in the Clouds
  • 1936 The A.B.C. Murders
  • 1936 Murder in Mesopotamia
  • 1936 Cards on the Table
  • 1937 Death on the Nile
  • 1937 Dumb Witness
  • 1937 Murder in the Mews (catro relatos con Hércules Poirot)
  • 1938 Appointment with Death
  • 1939 And Then There Were None
  • 1939 Murder is Easy
  • 1939 Hercule Poirot's Christmas
  • 1939 Regatta Mystery and Other Stories (nove relatos)
  • 1940 Sad Cypress
  • 1941 Evil Under the Sun
  • 1941 N or M?
  • 1941 One, Two, Buckle My Shoe
  • 1942 The Body in the Library
  • 1942 Five Little Pigs
  • 1942 The Moving Finger
  • 1944 Towards Zero
  • 1944 Sparkling Cyanide
  • 1945 Death Comes as the End
  • 1946 The Hollow
  • 1947 The Labours of Hercules (doce relatos con Hércules Poirot)
  • 1948 Taken at the Flood
  • 1948 Witness for the Prosecution and Other Stories
  • 1949 Crooked House
  • 1950 A Murder is Announced
  • 1950 Three Blind Mice and Other Stories
  • 1951 They Came to Baghdad
  • 1951 The Under Dog and Other Stories (nove relatos)
  • 1952 Mrs McGinty's Dead
  • 1952 They Do It with Mirrors
  • 1953 A Pocket Full of Rye
  • 1953 After the Funeral
  • 1955 Hickory Dickory Dock
  • 1955 Destination Unknown
  • 1956 Dead Man's Folly
  • 1957 4.50 from Paddington
  • 1957 Ordeal by Innocence
  • 1959 Cat Among the Pigeons
  • 1960 The Adventure of the Christmas Pudding (seis relatos)
  • 1961 The Pale Horse
  • 1962 The Mirror Crack'd from Side to Side
  • 1963 The Clocks
  • 1964 A Caribbean Mystery
  • 1965 At Bertram's Hotel
  • 1966 Third Girl
  • 1967 Endless Night
  • 1968 By the Pricking of My Thumbs
  • 1969 Hallowe'en Party
  • 1970 Passenger to Frankfurt
  • 1971 Nemesis
  • 1971 The Golden Ball and Other Stories (quince relatos)
  • 1972 Elephants Can Remember
  • 1973 Akhnaton - A play in three acts
  • 1973 Postern of Fate (con Tommy e Tuppence, última novela escrita)
  • 1974 Poirot's Early Cases (dezaoito relatos)
  • 1975 Curtain (o último caso de Poirot, escrito catro décadas antes)
  • 1976 Sleeping Murder (o último caso da señorita Marple, escrito catro décadas antes)
  • 1979 Miss Marple's Final Cases and Two Other Stories
  • 1997 While the Light Lasts and Other Stories

[editar] Obras en colaboración

  • 1931 The Floating Admiral escrita con G. K. Chesterton, Dorothy L. Sayers e outros membros do Detection Club.

[editar] Obras de teatro adaptadas en forma de novelas por Charles Osborne

  • 1998 Black Coffee
  • 2001 The Unexpected Guest
  • 2003 The Spider's Web

[editar] Obras escritas como Mary Westmacott

  • 1930 Giant's Bread
  • 1934 Unfinished Portrait
  • 1944 Absent in the Spring
  • 1948 The Rose and the Yew Tree
  • 1952 A Daughter's a Daughter
  • 1956 The Burden

[editar] Obras de teatro

  • 1928 Alibi
  • 1930 Black Coffee
  • 1936 Love from a Stranger
  • 1937 ou 1939 A Daughter's a Daughter (nunca representada)
  • 1940 Peril at End House
  • 1943 Ten Little Indians
  • 1945 Appointment With Death
  • 1946 Murder on the Nile/Hiddon Horizon
  • 1949 Murder at the Vicarage
  • 1951 The Hollow
  • 1952 The Mousetrap
  • 1953 Witness for the Prosecution
  • 1954 The Spider's Web
  • 1956 Towards Zero
  • 1958 Verdict
  • 1958 The Unexpected Guest
  • 1960 Go Back for Murder
  • 1962 Rule of Three
  • 1972 Fiddler's Three (orixinalmente Fiddler's Five, nunca se publicou; última obra de teatro escrita)
  • 1973 Aknaton (escrita en 1937)
  • 1977 Murder is Announced
  • 1981 Cards on the Table
  • 1993 Murder is Easy
  • 2000? And Then There Were None

[editar] Obras para radio

  • 1937 The Yellow Iris
  • 1947 Three Blind Mice
  • 1948 Butter In a Lordly Dish
  • 1960 Personal Call

[editar] Obras para televisión

  • 1937 Wasp's Nest

[editar] Traducion o galego

Alberto Álvarez Lugrís, da universidade de Vigo é un traductor da obra de Agatha Christie ao galego.

  • Asasinato no Orient Express,
  • Asasinato de Roger Ackroyd,
  • Cianuro espumoso,
  • Dez negriños,
  • Pano. O derradeiro caso de Poirot

[editar] A súa obra no cine

Realizáronse varias producións -fundamentalmente británicas e norteamericanas- baseadas literal ou de forma máis libre nas súas historias, coa única excepción dun film de 1979 (Agatha do británico Michael Apted) no que se tomaba a figura directa da escritora e se intentaba dilucidar sobre un suceso real relacionado con ela: a súa misteriosa desaparición durante varios días en 1926.

Suxestión mortal (1937, Rowland V. Lee) e And Then There Were None (1944, René Clair) son as primeiras adaptacións importantes sobre Christie, sendo a primeira un bo drama de misterio hoxe esquecido, e a segunda unha pequena obra mestra do cine de suspense con inolvidable reparto de secundarios tan famosa como pouco revisada. Logo virían 4.50 from Paddington (1962, George Pollock), o éxito do cal iniciou unha serie de películas centradas nos casos da señorita Marple, interpretada maxistralmente por Margaret Rutherford; Endless Night (1971), que descubriu a Britt Ekland; o famoso ciclo rodado con estrelas de Hollywood composto de Murder on the Orient Express (1974, Sidney Lumet), con Oscar para Ingrid Bergman, Death on the Nile (1976, John Guillermin) coa primeira aparicion de Peter Ustinov encarnando ó detective Hercules Poirot, The Mirror Crack'd (1980, Guy Hamilton), Evil Under the Sun (1981, Guy Hamilton) que probablemente sexa a entrega máis floxa, e Ordeal by Innocence (1983, Desmond Davis). Tamén destaca a película Appointment with Death (1987, de Michael Winner). A partir de 1982 rodáronse tres series para televisión: un sobre Miss Marple, con Helen Hayes, de só tres cintas pola repentina morte da actriz; un sobre Hercules Poirot con Peter Ustinov, e outro sobre Miss Marple -este na televisión inglesa- interpretado por Joan Hickson, aparte de adaptacións soltas de toda condición. Tamén na pequena pantalla destaca a serie inglesa: Partners in crime, de 1982.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -