Adult oriented rock
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estilo musical dentro do rock melódico. O seu nome (Adult Oriented Rock) en galego quere dicir "Rock orientado aos adultos". Caracterízase polos seus traballados refráns e melodías, a súa harmonía vocal e instrumental. Bebe do rock pero coa comercialidade característica do pop. É un rock apto para case todos os públicos sen a aspereza do rock puro. Tamén se lle coñece como Soft Rock.
Tivo o seu auxe no perído que vai desde 1985 a 1993 aproximadamente. Neste periodo moitos grupos coñecidos coquetearon con este xénero para desvincularse del por motivos comerciais cando así llo ditaron as súas compañías de discos. Entre estes últimos destacan Bon Jovi, Def Lepard, Michael Bolton e White Snake. Os seus máis xenuínos representantes entre outros, é o grupo norteamericano Journey e o canadense Harem Scarem.