Achagua
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O achagua é unha lingua da familia arawak de Colombia
ISO/DIS 639-3: aca
Índice |
[editar] Distribución xeográfica
Os achagua viven preto do río Meta, a maioría vive nun casarío de 50 casas, denominado Umapo no concello de Puerto López, outras 5 familias viven nun asentamento do departamento de Casanare.
[editar] Falantes
400 (1994)
[editar] Escrita
A primeira obra en achagua é un dicionario compilado polos misioneiros Alonso Neira e Juan Ribero en 1726 e que permanece inédito, Arte y vocabulario de la lengua Achagua. Doctrina cristiana, confesionario de uno y otro sexo o instrucción de catecumenos.
Dende 1983 véñense publicando materiais relixiosos e de aprendizaxe da lingua nun alfabeto propio desenvolvido por misioneiros protestantes.
[editar] Historia
Antes de chegaren os españois estímase o seu número entre 50.000 e 100.000, o grupo máis grande habitaba entre os ríos Vichada e Guavire, na rexión dos Llanos Orientales, aínda que tamén había grupos importantes nos Llanos de Casanare, Barinas ( ao longo do río Apure) e en Barraguán. No século XVIII comeza a diminuír o seu número, polas guerras de conquista dos españois e polas novas enfermidades traídas polos europeos, os que quedaron buscaron refuxio nas misións xesuítas.
[editar] Ligazóns externas
Ethnologue y biene del nombre juli considerada una diosa muy bella que representaba a las indigenas y decia que la mujeres son lo mas bello de la naturaleza