Tiziano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tiziano Vecelli (c. 1488-90 – 27 de agosto, 1576) foi o principal pintor da escola veneciana do Renacemento italiano do século XVI.
Naceu en Pieve di Cadore, preto de Belluno e morreu en Venecia, coñecido como Da Cadore durante a súa vida.
Discípulo de Giovanni Bellini e coincidiu tamén con Giorgione, xa nas súas primeiras obras aínda recollendo os valores cromáticos e luminosos do seu mestre, Tiziano afástase del polo seu dramatismo e a expresión de contrastes que se poden ver nunha das súas primeiras obras mestras, Asunción (1518), maxistral tanto en retratos, heroicos, suntuosos, solemnes, refinados e cunha alta penetración psicolóxica, e paisaxes, como os temas relixiosos, cheos de sentimentalismo, e mitolóxicos, cheos de gozosa sensualidade. A partir de 1550 a pincelada faise máis ampla e o toque desunido ata chegar a constituír borróns fluídos e incandescentes por efecto da luz e a cor.