Somalia - Soomaaliya
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema nacional: ? | |||||
Lingua Oficial | Somalí | ||||
Capital | Mogadiscio | ||||
Presidente (de iure)* |
Abdullahi Yusuf Ahmed | ||||
Primeiro Ministro (de iure)* |
Nur Hassan Hussein | ||||
Área - Total - % de auga |
41º maior 637 657 km² 1,6% |
||||
Poboación - Total (est. 2007) - Densidade |
88º máis populoso 9 118 773
|
||||
Independencia - definición do territorio |
do Reino Unido e Italia 1 de xullo de 1960 |
||||
Moeda | Xelín (SOS) | ||||
Fuso horario | UTC +3 | ||||
Hino nacional | Hino nacional da Somalia | ||||
TLD (Internet) | .SO | ||||
Código telefónico | 252 |
A Somalia (somalí: Soomaaliya, árabe: الصومال, As-Sumal) é un país africano do Corno de África, limitado a norte por Xibutí e polo Golfo de Adén, do outro lado do cal se atopa o Iemen, a leste e a sur polo Océano Índico, por onde fai frontea cun arquipélago iemenita dominado pola illa de Socotorá e a oeste polo Quenia e pola Etiopía. Capital: Mogadiscio. Somalia é o único país africano no que toda a poboación fala soamente unha lígua, o somalí.
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: Historia da Somalia.
A guerra civil na Somalia, aínda que intermitente, ten sido unha constante desde 1977. No 1991, a rexión norte do país declarou a súa independencia (Somalilandia), a pesar da súa relativa estabilidade, en comparación coa tumultuosa rexión sur, non foi recoñecida como estado independente por nengun goberno extranxeiro.
No 1993 iniciouse, primeiramente no sur, unha acción humanitaria da ONU que conseguiu diminuir a fame no país, con todo, a ONU acabou por retirarse o 3 de marzo do 1995, despois de ter sofrido baixas significativas.
En 1998 rexistaronse máis dúas escisións no país, e unha cuarta no 1999, todas elas de contornos pouco claros. A última cisón conduciu á autonomía da Somalia do Sudoeste, con todo dada a situación pouco clara no que concerne ás fronteiras da Somalia hai que ponderar un pouco antes de atribuir este título.
O 26 de decembro do 2004, unha das catástrofes naturais máis devastadoras da historia contemporanea, o Tsunami que varreu os países do Sudoeste Asiático, tamén afectou a Somalia, destruindo poboacións e segundo as estimativas, causando a morte a preto de 300 persoas.
[editar] Política
- Ver artigo principal: Política da Somalia.
A Somalia non ten un goberno nacional de facto dende o 1991 cando eclodiu a guerra civil. O 14 de outubro de 2004 o Parlamento de Transición da Somalia elixiu Abdullahi Yusuf Ahmed, ex-presidente do Puntland como presidente do país.
[editar] Subdivisións
- Ver artigo principal: Rexións da Somalia.
A Somalia está dividida en 18 rexións (gobolka):
- Awdal
- Bakool
- Banaadir
- Bari
- Bay
- Galguduud
- Jedo
- Hiiraan
- Jubbada Dheje
- Jubbada Hoose
- Mudug
- Nugaal
- Sanaag
- Shabeellaha Dhexe
- Shabeellaha Hoose
- Sool
- Togdheer
- Woqooyi Galbeed
[editar] Xeografía
- Ver artigo principal: Xeografía da Somalia.
Somalia, o país máis oriental de África, ocupa unha área de 637.540 km². Sitúase na punta dunha rexión coñecida habitualmente como o Corno de África -debido ao seu parecido no mapa cun corno de rinoceronte- da que tamén forman parte Etiopía e Xibutí.
O territorio somalí está composto principalmente de chairas, mesetas e terras elevadas. No norte, sen embargo, as montañas Karkaar Mountain sitúanse a distancia variable do Golfo de Adén. O tempo é cálido durante todo o ano con veráns inclementes, agás nos territorios de maior altitude do norte do país. A pesar de localizarse no ecuador terrestre a chuvia no país é rara, e a maior parte de Somalia atópase en terreo árido ou semi-árido, adecuado tan só para o pastoreo nómade que practica máis da metade da poboación. Só nunhas áreas de choivas moderadas, no noroeste e sudoeste, onde se atopan os dous ríos importantes do país, practícase unha agricultura de certa importancia.
A xeoloxía local suxire a presenza de valiosos xacementos minerais. A longa costa de Somalia (3.025 quilómetros) tivo importancia histórica, debido a que permitía o comercio do Oriente Próximo coa África Oriental e actualmente como camiño de paso obrigado para a canle de Suez.
[editar] Economía
- Ver artigo principal: Economía da Somalia.
A Somalia ten unha economía de mercado. É un dos países máis pobres do planeta, co relativamente poucos recursos naturais.
A maior parte da economía foi devastada na guerra civil. A agricultura é o setor máis importante, coa creación de gando respondendo por casi 40% do PIB e por 65% das exportacións. Grande parte de súa poboación que vive da creación de gando e nomade o seminomade. A banana e outro importante produto de exportación. O azucre, o sorgo, o millo e os peixes son producidos somente para o mercado interno.
O pequeno sector industrial baseiase no procesamento de produtos agrícolas, e responde por 10% do PIB. Moitas industrias foran fechadas por causa da guerra civil
[editar] Demografía
- Ver artigo principal: Demografía da Somalia.
[editar] Cultura
- Ver artigo principal: Cultura da Somalia.
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
[editar] Tópicos diversos
[editar] Ligazóns externas
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |