See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ronaldo - Wikipedia

Ronaldo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ronaldo
Ronaldo

Ronaldo Luís Nazário de Lima (Rio de Xaneiro, 22 de setembro de 1976), máis coñecido como Ronaldo, é un futbolista brasileiro tamén con nacionalidade española. É un dos xogadores de fútbol máis coñecidos a nivel mundial e xogou nalgúns dos equipos europeos máis prestixiosos.

Índice

[editar] Traxectoria

Debutou no fútbol de primeira categoría co club brasileiro Cruzeiro á idade de 17 anos, logo de impresionar polas súas grandes habilidades futbolísticas e a súa excelente achega goleadora, xa que con tan só 16 anos xa marcara 59 goles en 57 partidos coa selección brasileira sub-17. Consegue unha copa Minerao e unha liga brasileira.

[editar] Eclosión do fenómeno en Europa: PSV e FC Barcelona

É fichado polo primeiro equipo europeo da súa carreira, o PSV Eindhoven neerlandés, na tempada 1994-1995.

Tras converterse no máximo goleador da liga neerlandesa, gañar a Copa de Holanda e ser o gran ausente da final na recopa 1996 fronte ó Barça, é contratado polo Fútbol Club Barcelona da liga española, na tempada 1996-1997, logrando o Premio Bravo e o seu primeiro Fifa World Player.

Co barcelona logra 34 goles en 37 partidos. Tras obter o premio ó mellor xogador do mundo co Barcelona, lograr o premio FIFA ó mellor xogador dous anos consecutivos, ademais da Copa do Rei, a Recopa, a Supercopa de España e queda subcampión dunha liga onde o Barcelona marcou 110 goles, record absoluto de tantos a favor durante unha Liga.

Tras problemas co contrato, o presidente do Barça non quere cumprir o que lle dixo con anterioridade e o xogador decide emigrar a Italia.

[editar] Un lustro de neroazzurro: empeza o calvario

Asinou un contrato co Inter de Milán realizando un ano tan sobresaliente como o anterior, recibindo aquí os galardóns pola súa actuacion en Barcelona.

Quedou subcampión de novo no Calcio, unha liga moi dura na que é elixido o mellor xogador. A Juventus alzouse co título tras actuacións dubidosas dos árbitros en moitos dos seus encontros. E o alemán Oliver Bierhoff arrebátalle o título de Pichichi na última xornada onde marca 4 goles para adiantar ó astro brasileiro. Pero este mesmo ano o Inter álzase coa Copa da UEFA. Ronaldo é elixido o mellor xogador e realiza unhas actuacións estelares.

Nestes anos Ronaldo conseguiu moitos triunfos colectivos, formando parte do conxunto que gañou o mundial de 1994 (Brasil), e sobre todo individuais. Estes logros situábano á temperá idade de 22 anos coma un dos mellores xogadores da historia.

Ese mesmo ano participou no mundial de 1998, no que cumpre coas expectativas ata o partido da final, onde unha estraña depresión días antes fixo que no partido decisivo non fose nin a sombra do que se prevía. A pesar diso, é elixido o mellor xogador do Mundial 1998, por diante de Zidane, que chegara máis fresco á final tras estar varios partidos de sanción. Nas seguintes campañas co Inter, iniciou un período de crise na súa carreira, con moitos altibaixos por culpa das lesións no xeonllo que arrastra desde a súa aparición nos Países Baixos co PSV Eindhoven.

Na Liga de Campións da UEFA 1998/99, Ronaldo é elixido o mellor xogador.

En abril de 2000, Ronaldo saía dunha lesión que o mantivo sen xogar durante varios meses, na final de cópaa fronte ó Lazio. Ós poucos minutos de saír, ó facer un crebo, o seu xeonllo di basta, e enfróntase á lesion máis dura da súa vida. Tras isto, a volta de Ronaldo algún día ós terreos de xogo ponse en dúbida. É operado en París do tendón rotuliano. Ronaldo loita duramente durante 20 meses para volve a xogar ó futbol. A finais do ano 2001, reapareceu no Calcio e marcou.

No último partido fronte ó Lazio, o Inter con Ronaldo xogábase a primeira posición. Héctor Cuper decide prescindir de Ronaldo a inicios da 2º parte e o Iter perde.

Pouco despois participaría na Copa do Mundo mundial de Corea e Xapón formando parte do combinado brasileiro a pesar de non disputar ningún partido da clasificación ó mundial. Ronaldo con 8 tantos, é o pichichi e fai que Brasil gaña o seu 5º mundial con 2 goles na fianl fronte a Alemaña. Tamén foi decisivo o seu gol ante Turquía 1-0.

[editar] 5 anos no Real Madrid e volta a San Siro: AC Milan

Ronaldo demostra que sen chegar a ser o que era, segue convertendo en ouro o que toca. Nese mesmo ano volveu gañar o premio FIFA ó mellor xogador e acto seguido ó final do mundial foi traspasado ó Real Madrid. A súa mala relación co adestrador do Inter de Milán, Héctor Cúper, foi o motivo do seu adeus. Unha situación similar con Fabio Capello, adestrador do Real Madrid, acabou co traspaso do xogador no mercado de inverno de principios do 2007 ó AC Milan.

Unha vez en Italia, en rolda de prensa expresou que estaba triste por ter que abandonar Madrid, ademais de dar as grazas a todos os técnicos que tivera ó longo da súa estancia excepto a Capello.

Forma parte da FIFA 100, a lista dos mellores xogadores vivos, foi dúas veces campión do mundo xogando para a selección do seu país, gañou o Balón de Ouro en 1997 e 2002 e ten tres premios FIFA ó mellor xogador do mundo, logrados en 1996, 1997 e 2002, sendo un dos dous xogadores que máis veces o gañou.

[editar] Vida persoal

No relacionado á súa vida persoal, casou en abril de 1999 con Milene Domingues. Este matrimonio durou 4 anos e acabou en divorcio. A parella tivo un fillo chamado Ronald en 2000.

Tras esta relación, Ronaldo casou coa modelo brasileira Daniella Cicarelli, celebrándoo ó grande nun luxoso castelo francés. Esta relación duro só 3 meses e o divorcio produciuse pouco logo dun aborto involuntario de Cicarelli.

Mantivo tamén unha relación coa modelo brasileira Raica Oliveira, relación que durou ata os últimos días de agosto de 2006.

Na actualidade a súa parella é unha modelo brasileira, moi parecida fisicamente á súa ex-muller Milene Domingues, e que conseguiu que se puxese en forma tralos comentarios a este respecto que se repetían nos últimos anos.

En abril de 2007, fixo un cameo na popular serie estadounidense, Os Simpson durante un partido de fútbol feminino no que participa Lisa e Homer é o árbitro.

[editar] Selección nacional

Foi internacional coa Selección de fútbol de Brasil.

[editar] Participacións en Copas do Mundo

Mundial Selección Resultado Goles Partidos
Mundial de 1994 Brasil Campión 0 3
Mundial de 1998 Brasil Final 4 7
Mundial de 2002 Brasil Campión 8 7
Mundial de 2006 Brasil 1/4 de final 3 5
  • No Mundial de 2006 converteuse no máximo goleador de todos os mundiais chegando ós 15 goles e superando así os 14 de Gerd Müller.

[editar] Clubs

Club Tempada Liga Copa Europa Total
Part. Goles Asis Part. Goles Part. Goles Part. Goles
PSV Eindhoven

Países Baixos

1994/95 13 12 ? 2 2 5 6 20 20
1995/96 32 30 ? 2 2 2 3 36 35
Total 45 42  ? 4 4 7 9 56 55
FC Barcelona

España

1996/97 37 34 ? 5 8 7 5 49 47
Total 37 34  ? 5 8 7 5 49 47
Inter de Milán

Italia

1997/98 32 25 ? 4 3 11 6 47 34
1998/99 19 14 ? - - 6 1 25 15
1999/00 7 3 ? - - - - 7 3
2000/01 - - - - - - - - -
2001/02 10 7 ? - - 5 0 15 7
Total 68 49  ? 4 3 22 7 94 59
Real Madrid

España

2002/03 31 23 ? 1 0 11 6 43 29
2003/04 32 24 ? 5 2 9 4 46 30
2004/05 34 21 ? 1 0 10 3 45 24
2005/06 23 14 2 2 1 2 0 27 15
2006/07 7 1 ? 2 1 4 2 13 4
Total 127 83  ? 11 4 36 15 174 102
AC Milan

Italia

2006/07 11 7 4 - - - - 11 7
Total na súa carreira 284 215  ? 24 19 72 36 384 265

Media de Gol:8.6901

[editar] Palmarés

[editar] Campionatos nacionais

Título Club País Ano
Campionato Mineiro Cruzeiro Brasil 1994
Copa dos Países Baixos PSV Eindhoven Países Baixos 1996
Supercopa de España FC Barcelona España 1996
Copa do Rei FC Barcelona España 1997
Liga Española Real Madrid España 2003
Supercopa de España Real Madrid España 2003

[editar] Copas internacionais

Título Equipo (*) País Ano
Copa Mundial de Fútbol Brasil Brasil 1994
Recopa de Europa FC Barcelona España 1997
Copa América Brasil Brasil 1997
Copa Confederacións Brasil Brasil 1997
Copa da UEFA Inter de Milán Italia 1998
Copa América Brasil Brasil 1999
Copa Mundial de Fútbol Brasil Brasil 2002
Copa Intercontinental Real Madrid España 2002

(*) Incluíndo a Selección Brasileira de Fútbol

[editar] Distincións individuais

Distinción Ano
Máximo goleador da Eredivisie 1996
Trofeo Pichichi ó máximo goleador da liga Española 1997
Bota de Ouro 1997
Balón de Ouro 1997
Trofeo Bravo 1997
Onze de Ouro 1997
FIFA World Player 1996
FIFA World Player 1997
Trofeo Bravo 1998
Balón de Bronce 1998
Máximo Goleador da Copa da UEFA 1998
Mellor estranxeiro da Liga Calcio 1998
Mellor Xogador da Liga Calcio 1998
Balón de Ouro do Mundial 1998
Prata no FIFA World Player 2000
Botín de Ouro ó máximo goleador do Mundial 2002
Balón de Ouro 2002
Onze de Ouro 2002
Bronce no FIFA World Player 2003
Trofeo Pichichi ó máximo goleador da liga Española 2004
Incluído na lista FIFA 100 dos mellores xogadores vivos da historia. 2004
Maximo goleador das eliminatorias ó mundial de Alemaña 2006

[editar] LIgazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:


Predecesor:
George Weah
Xogador Mundial da FIFA
1996, 1997
Sucesor:
Zinedine Zidane
Predecesor:
Matthias Sammer
Balón de Ouro
1997
Sucesor:
Zinedine Zidane
Predecesor:
Romário
Balón de Ouro da Copa Mundial da FIFA
1998
Sucesor:
Oliver Kahn
Predecesor:
Luís Figo
Xogador Mundial da FIFA
2002
Sucesor:
Zinedine Zidane
Predecesor:
Michael Owen
Balón de Ouro
2002
Sucesor:
Pavel Nedv?d
Predecesor:
Davor Suker
Bota de Ouro da Copa Mundial da FIFA
2002
Sucesor:
Miroslav Klose


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -