Pandemia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha pandemia é unha epidemia que afecta a toda a Terra ou a unha ampla rexión dela.
Segundo a Organización Mundial da Saúde para que poda aparecer unha pandemia precísase que apareza un virus novo, o que implica que a poboación non é inmune a el, ademais o virus ten que ser capaz de infectar a humanos causando enfermidades graves e que o virus teña a capacidade de transmitirse de persoa a persoa de forma eficaz.
[editar] Pandemias
- Peste de Xustiniano (541-542)
- Peste Negra (1347-1351)
- Cólera, diversas no século XIX e XX
- Gripe española, (1918-1919)