See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Peste de Xustiniano - Wikipedia

Peste de Xustiniano

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A peste de Xustiniano foi unha pandemia causada pola peste que afectou ao mundo mediterráneo, con especial incidencia no Imperio Bizantino entre os anos 541 e 544. Os historiadores da época, Procopio de Cesárea e Evagrio, dannos a primeira descrición inconfundible da peste.

Esta epidemia tivo a súa orixe en Etiopía procedente do interior de África, ou polos navíos romanos que facían comercio coa India, e entrou no territorio de Bizancio por Exipto. Nesa altura o Exipto pagaba a anona, o imposto de gran de trigo, para abastecer os mercados de Constantinopla, como fixera anteriormente a Roma. Serían neses navíos onde se levou a peste ao Imperio Bizantino, os primeiros lugares afectados foron os portos comerciais e de aí se difundiuse cara o interior.

No transcurso do ano 541 a epidemia chegou a Exipto a través do golfo de Suez ata o delta de Exipto, bifucándose a súa difusión dunha banda cara Alexandría e doutra cara Antioquía, espallándose despois ao longo das ribeiras do río Nilo. En Constantinopla déronse os primeiros casos en marzo de 542 pero o período de virulencia foi de maio a agosto, a peste matou no seu pico, en xullo, preto de 10.000 persoas por día, segundo o historiador da época Procopius, acabando por matar ao 40% da poboación da cidade. A nobreza foi tamén decimada, levando ao emperador Xustiniano a promulgar novas leis de sucesión para facer fronte á desaparición masiva dos seus militares e burócratas. Ademais da capital nese ano de 542 a peste devastou tamén Palestina, Siria, Tracia e no ano 543 chegou ao interior de Anatolia e tamén á rexión do Mediterráneo occidental, arrasando Italia, a África bizantina, Hispania e por último á Galia no 544. Ademais durante o resto do século VI e todo o VII houbo rebrotes cíclicos.

Nesa altura, o Imperio Bizantino loitaba contra a ocupación bárbara das terras do antigo Imperio romano occidental, tendo, grazas aos seus xenerais Belisario e ao escravo imperial e eunuco Narses, recuperado o Norte de África, incluíndo Cartago dos Vándalos, e a Italia e o sur de Hispania (incluíndo o Algarve) dos Ostrogodos e Visigodos. A perda de fondos e de homes na capital debido á peste foi determinante na cesación das hostilidades no período de maior éxito, levando finalmente á derrota da campaña pola presión continua das tribos bárbaras non conquistadas que alí habitaban.

Estímase como máximo unha mortalidade do 25% da poboación das costas do Mediterráneo Oriental, preto de 25 millóns de persoas. Diminuíu a man de obra campesiña e aumentaron as zonas rurais despoboadas, Xustiniano decidiu redistribuír as terras de labor desertas sobre os campesiños supervivintes, pero o aumento da presión fiscal que conlevaba a medida fixo que moitos pequenos propietarios véndesen as terras aos grandes propietarios.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -