See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Océano Antártico - Wikipedia

Océano Antártico

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os cinco océanos


O Océano Antártico (tamén coñecido por Océano Austral) é o nome dado ao conxunto das augas que bañan o Continente Antártico, que en realidade constitúen o prolongamento meridional do Océano Atlántico, Océano Pacífico e Océano Índico. Moitos científicos, oceanógrafos e xeógrafos, non recoñecen a existencia do Océano Antártico, considerándoo como unha conxunción de partes dos outros océanos.

O Océano Glacial Antártico exténdese desde a costa antártica até os 60° S, límite convencional co Océano Atlántico, o Océano Pacífico e o Océano Índico. É o penúltimo océano en extensión (só o Océano Ártico é menor). Formalmente, a súa extensión foi definida pola Organización Hidrográfica Internacional no ano 2000 e coincide cos límites fixados polo Tratado Antártico.

O Océano Antártico é o único a rodear o globo de forma completa, e rodea completamente a Antártida. Ten unha superficie de 20.327.000 km², unha cifra que comprende aos mares periféricos: o Mar de Amundsen, o Mar de Bellingshausen, parte do Estreito de Drake, o Mar de Ross e o Mar de Weddell. A terra firme é visíbel sobre o océano con 17.968 km de costa.

Índice

[editar] Historia

Xudicialmente, polo Tratado da Antártica,asinado dia 1 de xaneiro de 1956,o Océano Antártico e o Continente Antártico serían responsabilidade de países, para usos pacíficos e científicos; Chile, Arxentina, Australia, Bélxica, E.U.A, Francia, Xapón, Noruega, Nova Zelandia, Reino Unido, África do Sur e a URSS.

[editar] Clima

A temperatura do mar varía de +10° C a -2 °C. Tempestades ciclónicas móvense do Leste xirando ao redor do continente antártico e son frecuentemente de forte intensidade, e son a causa da diferenza de temperatura entre os xeos e o océano aberto.

A superficie oceánica está entre os 40° de latitude Sur e a Corrente Circumpolar Antártica que ten os ventos máis fortes do planeta. No inverno o océano esténdese até os 65° S en dirección ao Pacífico e até os 55° S en dirección ao Atlántico, deixando a temperatura superficial baixo cero. Nalgunhas costas, os fortes e constantes ventos que veñen do interior manteñen a costa libre de xeo tamén no inverno.

A capa que se forma ao redor do continente antártico, é de aproximadamente 1 m de profundidade, posúe polo menos 2,6 millóns de km² en marzo e chega ao máximo de 18,8 millóns de km² en setembro, un aumento de máis de sete veces. A Corrente Circumpolar Antártica, de 21.000 km de longo, móvese eternamente para o Leste. É a maior corrente do mundo, e transporta 130 milhões de m³/s, 100 veces máis que todos os ríos da Terra xuntos. As ondas poden ser moi altas. Os icebergs antárticos poden posuir dimensión impoñentes, extendéndose por kilómetros e constitúen un perigo para a navegación.

O punto máis profundo do océano atópase no extremo meridional da Fosa Sandwich do Sur e alcanza 7.235 m de profundidade.

[editar] Fondo oceánico

O Océano Antártico, cunha profundidade xeralmente comprendida entre os 4.000 e 5.000 metros, é un océano profundo con poucas zonas estreitas de augas pouco profundas. A plataforma continental antártica é estreita e relativamente profunda en relación ás outras: dos 400 aos 800 metros, contra unha media mundial de 133 metros.

[editar] Recursos Naturais

Os recursos naturais do Océano Antártico non teñen sido explotados aínda, existen grandes reservas de petróleo e gas natural nas proximidades do continente antártico e nódulos de manganeso. O xeo que cobre a Antártida é a maior reserva de áuga doce do mundo: case 81% do total.

[editar] Biodiversidade

O Océano Antártico ten unha biodiversidade inmensa e aínda moi pouco explorada. A súa fauna varia da de pingüins, pinnípedos e cetáceos, até cianobacterias, fitoplancton e krill, que a pesar de pequenos serven de alimento para os animais maiores. A antártida non ten flora terrestre, e a súa única composición vexetal é feita por algas mariñas e outros organismos autótrofos.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -