Nikolái Vasílievich Gógol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nikolái Vasílievich Gógol (Никола́й Васи́льевич Го́голь).
Escritor nado o 31 de marzo de 1809, en Sorochinstski, na rexión ucraína de Poltava, nunca familia pertencente a baixa nobreza campesiña rutena e morto 4 de marzo de 1852, en Moscova.
[editar] Vida
Despois de realizar uns estudios pouco brillantes, atopa emprego nun ministerio e, en 1820, marcha a vivir a San Petersburgo, onde traballará como funcionario público, e profesa a amizade con Puschkin dándose a coñecer entre os círculos literarios locais. Eiquí vivirá gran parte da súa vida.
O seu alonxamento de Ucrania e a nostalxia, inspíranlle as "Veladas da aldea" (1831-1832), e a súa experiencia laboral inspiraránlle a obra "O abrigo" (1843), e o héroe, Akaki Akakiévitch, converterase no arquetipo do pequeno funcionario ruso.
Foi profesor de historia na Universidade de San Petesburgo de 1831 a 1835. Durante este período, publicou numerosas noticias, cás colecións "Arabescos" e "Mirgorod".
En 1836 publicou con grande éxito a súa obra teatral "O inspector", aplaudida polos liberales e atacada polos reacionarios.
Gogol síntese incomprendido, irritado por aqueles que o apoian como polos que o critican: porque todos simplifican e desvían(volven) o seu pensamento profundo, pensan que ataca as institucións, dun xeito casi militante, pero él quere denunciar(revelar) que os vicios e los abusos atópanse no home. Desconcertado comeza un ir e vir a través de Europa.
Así, entre 1836 e 1848 viviu principalmente en Roma, viaxando por Alemaña, Suiza, Francia ou a propia Italia.
Alí comezou, partindo dunha idea do seu amigo Puschkin, a escribir unha novela que é considerada coma o seu mellor traballo e unha das maiores novelas da literatura universal, "As almas mortas". Trata de publicala en 1841 pero o comité moscovita de censura denegarllo. Non será ata despois da intervención dos seus amigos e varias revisións, que o libro aparecerá en 1842. Mais alá da estafa proxectada polo heroe, bastante rara - as almas son un término administrativo que designa aos servos, e a posesión, teórica, de almas mortas, pode revelarse completamente interesante para obter un préstamo garantido sobre estas famosas almas - esta novela é unha descrición sen concesión da Rusia profunda, unha sátira as veces despiadada, pero onde a mirada de fondo, de xeito permanente, é o amor profundo de Gogol a Rusia.
De inestable personalidade, vítima de profundas e longas crísis depresivas, continúa o seu devagar por Europa e empeora o seu estado de saúde. Nesta época acrecentouse o seu interese polo misticismo o que o leva a viaxar a Terra Santa.
Ao seu regreso a Moscova escribe a segunda parte de "As Almas Mortas" e cae baixo a influencia dun sacerdote fanático, o cal o convence de que as súas obras narrativas eran pecaminosas. A raíz disto, en febreiro de 1852, destrúe gran cantidade dos seus manuscritos inéditos, entre eles a segunda parte de "As Almas Mortas".
Morreu o 4 de marzo de 1852, en Moscova. Foi enterrado no cemiterio de Novodevitchi.
Na súa época foi considerado por uns como escritor románticos e por outros precursor do realismo; liberal para uns, reacionario para os outros; en conclusión, na actualidade grande mestre da literatura universal e primeiro (cronoloxicamente) e gran prosista e novelista ruso para todos.
O sentido do humor, a ironía e o realismo mesturado co fantástico xuntánse en tódalas súas obras.
A súa obra, como ocorre con O Quixote, o seu libro predilecto, fanse imprescindibles para entender a "cultura occidental".
[editar] Obra literaria
1831.- “Veladas no caserío de Dikanka”, conxunto de relatos curtos sobre a vida na Ucrania, foi un libro recibido con moito entusiasmo. Con relatos como “Noite de Maio ou a Afogada”.
“A Perspectiva Nevski”.
“Diario dun tolo”.
“A Feira de Sorochinetz”.
“O Nariz”. Pequena xoia literaria do xénero fantástico, onde o apéndice do protagonista decide independizarse del e usurparlle a súa personalidade.
1835.- “Mirgorod”, inclúe o relato Taras Bulba, ampliado e convertido en novela mais tarde.
1836.- “O Inspector”. Divertida sátira acerca da codiza e estupidez dos burócratas. Escrita en forma de comedia de erros, e considerada por moitos como unha das obras más significativas do teatro ruso. Nela, os burócratas locais dunha aldea confunden ao viaxeiro cun inspector gubernamental ao que esperaban e ofrécenlle todo tipo de agasallos e coidados para que pase por alto tódalas irregularidades que están a cometer.
1842.- “Taras Bulba”.
1842.- “As Almas mortas”. O conselleiro colegial Pável Ivanovich Chichikov, un aventureiro ambicioso, astuto y falto de escrúpulos, vai dun lugar a outro comprando, roubando e estafando para conseguir os títulos de propiedad dos servintes que aparecen nos censos anteriores pero que xa están mortos, polo que se lles chamaba 'almas mortas'. Con estas 'propiedades' como aval, planea conseguir un crédito para comprar una propiedade con 'almas vivas. Ao redor destas viaxes o autor fai profundas reflexións sobre a degradante e sofocante influencia da servidumbre, tanto para o servo como para o amo na Rusia rural da súa época.
1842.- “O capote”, relato curto acerca dun ocupado funcionario, vítima da inxustiza social