Moa (ave)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As moas eran aves non voadoras xigantes de Nova Celandia. Coñécense dez especies de diferentes tamaños, sendo a máis grande a moa xigante (Dinornis robustus e Dinornis novaezelandiae), que medían preto de 3 metros de alto e tiñan un peso de 250 kg.
As moas extinguíronse ao redor do ano 1500, pouco despois de que os primeiros cazadores maorís chegasen ás illas. Previamente, o número de moas descendera no último millón de anos debido tanto aos períodos glaciais (case toda a Illa Sur foi ocupada polo xeo) como á ameaza das aguias de Haast (Harpagornis moorei), as maiores aves de presa coñecidas e hoxe tamén extinguidas. Os kiwis considéranse emparentados coas moas.
Unha moa xigante (Dinornis robustus) alcanzaba moi serodiamente a súa madurez reprodutiva: aos dez anos de nada. Esta demora facilitou a súa extinción xa que non se deu unha suficiente taxa de reposición ante o ritmo co que eran cazadas polos maorís.
[editar] Clasificación
[editar] Véxase tamén
- Megafauna